jueves, 30 de junio de 2011

ATA SETEMBRO!

Parece que foi onte cando estabamos atravesando a porta do corredor por primeira vez, e sen darnos conta xa rematou este curso, así que só queda dicir... PASÁDEO MOI BEN NAS VACACIÓNS DE VERÁN, PEIXIÑOS E GOLFIÑOS!!!!! VÉMONOS Á VOLTA!!!!! Un bico moi forte da profe Ana e da profe Nuria!


Grazas polo voso apoio durante este curso, familias. Aproveitamos o blog para informarvos de que o día 6 de setembro teremos a reunión de pais e nais, ás 11 de mañá. Disfrutade moito dos vosos fillos e fillas nestas vacacións. Vémonos en setembro. Bicos das profes.

martes, 21 de junio de 2011

O SUPER CIRCUITO!

Para celebrar o fin de curso, o profe Roberto montou un circuito enorme no patio dos maiores... Pasámolo moi ben, saltando e correndo!!!!! Grazas Roberto!


lunes, 20 de junio de 2011

ANIVERSARIOS DE XUÑO E XULLO

A semana pasada celebramos os aniversarios de Matías, Iván, Claudia, Carla, Alba e Joel. Moitas felicidades!!!!

martes, 14 de junio de 2011

EXCURSIÓN A BELELLE

E xa para rematar o curso, fomos de excursión a Belelle. Pasámolo xenial! Coidamos e vimos moitos animais, montamos a cabalo, prantamos sementes, fixemos pan... Foi un día moi completo!


jueves, 9 de junio de 2011

ANIVERSARIOS DE MAIO

Este mes celebramos os aniversarios de: Elin, Diego e Iván. Moitas Felicidades aos tres!!!

martes, 7 de junio de 2011

AO PARQUE!

A semana pasada, aproveitando o bo tempo, marchamos de excursión ao parque de Lombardero. Pasámolo pipa nos columpios e nos tobogáns!!!