domingo, 23 de diciembre de 2012

OS ROCKEIROS DO COUCEIRO!!!!

E por fin chegou o gran día... O día de festexar por todo o alto o Nadal. E os peixiños e os golfiños eleximos ser axudantes de Papá Noel, enchendo o cole de cor vermella e dándolle moito ritmo as vacacións cun baile ben rockeiro... Íamos ben guapos, non si?



Se queredes ver de novo a nosa gran actuación, premede en CELECOFRE e poderedes disfrutar non só do noso "meneo" senón tamén doutras actuacións de Nadal dos nosos compañeiros e compañeiras.

Pero o día non rematou aquí. Despois de darlle ao esquelete, tivemos unha gran merendola.... Como nos puxemos!!!!




Por último, e como guinda do pastel, adiviñades quen nos visitou??? Nada máis e nada menos que os paxes reais, que levaron as nosas cartas para entregárllelas directamente aos Reis Magos!!! Que bo comezo de vacacións!!!!




E por se non queredes aburrirvos e pasar unhas vacacións cheas de libros e experiencias, aí vos deixamos estas recomendacións de Güino dende a biblioteca, e outras actividades para disfrutar cos pequerrechos.


Aproveitamos o blog para desexarvos a todos un BO NADAL!!! Disfrutade moito das vacacións cos peixiños e golfiños, e entrade con bo pé no novo ano. Vémonos no 2013!!!!
Unha aperta moi grande das profes.

jueves, 20 de diciembre de 2012

ANIVERSARIOS DECEMBRO

Esta semana celebramos os últimos aniversarios do ano. MOITAS FELICIDADES A NEREA, JUAN LUIS, CAROLINA, URIEL y DANIEL!!!!!



jueves, 6 de diciembre de 2012

UNHA ARBORE DE ESTRELAS

Por fin chegou o Nadal ao noso cole!!!! E nestas datas non pode faltar unha bonita árbore, pero non unha calquera, unha cheiña de estrelas de mil cores e formas!!! Que chula quedou!!!!


Moitas grazas familias, pola vosa implicación e colaboración. Sodes uns verdadeiros artistas!!! Non dubidedes en pasar a vela, merece a pena!