martes, 28 de febrero de 2012

ANIVERSARIOS FEBREIRO

Este mes celebramos os aniversarios de Daniel, Sara e Mateo... MOITAS FELICIDADES!!!!!

jueves, 23 de febrero de 2012

O FIN DE FESTA...



E para rematar a festa e como todos os anos fomos queimar o Entroido todos guapetes cos nosos disfraces... Ata o ano que ven!!!!

ENTROIDO 2012

E por fin chegou o gran día... As rúas de Pontedeume enchéronse de debuxos animados: pitufos, superheroes, panteras rosas... pero sobre todo de ledicia e diversión. VIVA O ENTROIDO!!!



Se queredes ver máis fotos e os vídeos das nosas actuacións premede aquí ou en blogs e webs amigas:

miércoles, 15 de febrero de 2012

4º MANDADIÑO DO ESQUELETO MANOLO

Vaya orquestra que tiñamos hoxe... E mañá Manolo lanza o seu último mandadiño:

O XOVES A CABEZA TOCA DECORAR,
CON COLETAS E LAZOTES HASTE ADORNAR.

martes, 14 de febrero de 2012

3º MANDADIÑO DO ESQUELETO MANOLO

Cheiños de pencas que viñemos todos hoxe... Pero a festa de Manolo segue con un novo mandadiño:

O AXÓUXERE TRAERÁS
E O MÉRCORES SOARÁ.
















Mañá con babeiro, pencas e axóuxere... Que maquinará Manolo para o xoves?

lunes, 13 de febrero de 2012

2º MANDADIÑO DO ESQUELETO MANOLO

Canto babeiro había hoxe no cole!!!! Os peixiños e os golfiños tamén cumplimos o mandadiño de Manolo, e fomos a ensinarllo. Pero nos encontramos con outro novo para mañá:

CHEO DE PENCAS O MARTES VIRÁS,
PARA AS TÚAS FAZULAS ANIMAR.

Así que mañá xa sabedes... babeiro e pencas!!!!

viernes, 10 de febrero de 2012

1º MANDADIÑO DO ESQUELETO MANOLO

O Entroido está chegando, e como todos os anos o noso esqueleto Manolo xa está aquí para comezar a festa. Despois de poñer mandilóns e pasar lista, os peixiños e os golfiños fomos a saudalo e a ler o seu primeiro mandadiño:

O LUNS COMEZAMOS A XORNADA,
CON BABEIRO NA PAPADA.
















Asi que xa sabedes, o luns todos con babeiro... Que nos esperará o martes???

martes, 7 de febrero de 2012

CONTACONTOS KALANDRAKA

Hoxe, ao chegar ao cole, encontramos unha carta misteriosa... tiñamos unha visita moi especial: PATRICIA E ALEX, dous amigos de Güino, viñeron a nosa biblio a contarnos varias historietas: A familia C, O mago Goma e Pancho.

Sen dúbida, o que máis nos gustou, ademais do acordeón que tocaba Álex, foi a historia de Pancho, un elefante que por desobeceder ao seu papá acabou nunha trampa da que, con axuda dos peixiños e os golfiños, seguro que conseguiu saír. QUE BEN O PASAMOS!!

ANIVERSARIOS XANEIRO

Este mes celebramos o aniversario de Sabela... MOITAS FELICIDADES POR ESES 5 ANOS!!!!

miércoles, 1 de febrero de 2012

A PROFE LÍA

Hoxe, cando chegamos pola mañá, tivemos unha gran sorpresa.... UNHA PROFE NOVA NA CLASE!! Durante todo o mes, os golfiños teremos a sorte de contar cunha nova profe entre nós... BENVIDA PROFE LÍA!!!!