martes, 29 de mayo de 2012

ANIVERSARIOS MAIO

Este mes celebramos os aniversarios de Diego, Elin e Iván. MOITAS FELICIDADES, PEQUERRECHOS!!!!!

viernes, 18 de mayo de 2012

DIA DAS LETRAS GALEGAS 2012

Hoxe celebramos no cole o Día das Letras Galegas, por todo o alto! O día comezou cun pequeno festival onde, ademais de presentar a obra e a vida de Valentín Paz Andrade, coñecéronse os gañadores do IV Certame de Poesía Couceiro Freijomil, no cal tamén participamos coa poesía "Pontedeume", dedicada á nosa vila.

Despois chegou o mago Fiz, que cambiou panos de cor, sacou bolas da boca, fixo aparecer e desaparecer cartas e... deixounos a todos coa boa aberta!!!!!  Íncluso á nosa compañeira Carolina, que xa non saía si o que vía era un pano azul ou amarelo...


O día rematou con música e baile a cargo de Os Fenómenos, grupo eumés que permitiunos disfrutar do folklore da nosa terra neste día tan especial e no que tocan pais e nais dos nosos compañeiros "Gaivotas", Óscar, Sabela e Aroa. Vaia troula tivemos!!!!! Pasámolo pipa!!!!

miércoles, 16 de mayo de 2012

PLANTAMOS SEMENTES...

 Estes días estivemos aportando o noso graniño de area á natureza. Aproveitando a primavera, plantamos unhas flores (margaridas ou caraveis) e unhas sementes de cabaza... A ver que sae nos próximos días....





A VISITA DE ANTÓN

 Onte tivemos unha visita moi especial. Antón, o axente forestal das Fragas, veu a visitarnos e a contarnos cousiñas das nosas Fragas... Que tesouro tan importante temos tan pretiño de nós! O que máis nos chamou a atención foron os animaliños que se puxeron enfermos tras o incendio... que mágoa! Seguiremos investigando sobre as Fragas e o incendio a ver que podemos facer os peixiños e os golfiños para que isto non volva a pasar. Estamos concienciadísimos!