sábado, 23 de junio de 2012

BO VERÁN!!!!

E pasiño a pasiño, chegaron as vacacións! Como traballamos este curso, pero sobre todo...que ben o pasamos!!!! Dende setembro ata xuño, fomos vendimar, comemos castañas, enchimos de cores o Nadal, pitufamos a todo Pontedeume, convertémonos en pintores e escultores, descubrimos o valor das nosas Fragas... e xogamos e rimos un montón!!!!
Disfrutade moito destes meses de lecer, peixiños e golfiños, collede forzas e vémonos en setembro.
Un bico moi, moi, moi grande da profe Ana e da profe Nuria.


Aproveitamos a ocasión para agradecervos a vós familias, toda a vosa colaboración durante este curso. É un pracer traballar cos vosos fillos e fillas e este pracer medra sabendo que temos todo o voso apoio e cariño. Pasade un bo verán e vémonos á volta. Un aperta moi forte das profes.

jueves, 21 de junio de 2012

A TÓMBOLA!

E seguimos de troula no cole... Para rematar xa o curso, o profe Roberto e a profe Geni preparáronnos un super-circuito!!!! Saltamos aros, fixemos equilibrios en cordas, pasamos baixo pontes... Pero o mellor de todo foi a tómbola!!!! Ao rematar o circuito tres veces, poidemos sacar unha rifa onde tiñamos un premio sorpresa!!!! Que boa forma de empezar o verán e as vacacións!!!!


martes, 19 de junio de 2012

NO PARQUE

Aproveitando o bo día, onte fomos merendar ao parque... Que ben o pasamos!!!! Aí si que temos un bo sitio para correr, xogar e sobre todo, enchernos de area!


sábado, 16 de junio de 2012

ANIVERSARIOS XUÑO E XULLO

O venres celebramos os últimos aniversarios do curso: Iván, Matías, Alba, Joel e Carla. MOITAS FELICIDADES a tod@s!!!!

jueves, 14 de junio de 2012

MARCELLE

E por fin... Chegou o gran día!!! Cos nervos a flor de pel e cun día que non prometía moito, alá marchamos, rumbo a Marcelle. Xa máis tranquilos e co tempo do noso lado, poidemos recorrer todo o parque. Pasámolo xenial: vimos animais (osos, lobos, cebras, avestruces, linces,...), xogamos no parque e ata tivemos teatro... Vaia excusión máis chula!