viernes, 28 de junio de 2013

A NOSA GRADUACIÓN

E case coma se nada, esta andaina chegou á súa fin... pero, non podiamos irnos sen celebralo cunha gran festa, a festa da nosa graduación!!! E así foi, con moito ritmo, recollemos os diplomas de mans dos nosos compis de sexto, os cales nos "cederon" o seu sitio en Primaria, porque.... xa somos maiores!!! Mirade que guapos estabamos...



Premede aquí para ver o acto de graduación

Pois si, parece mentira pero xa pasasen tres anos dende que os nosos peixiños e golfiños desen os seus primeiros pasos no cole. Tres anos nos que aprendemos un montón de cousas pero nos que sobre todo, fixemos grandes amigos e divertímonos moitísimo....



Dende aquí queremos agradecer a todas as familias o apoio recibido estes tres cursos, o cariño e a calor que nos destes fixo que o noso traballo fose un verdadeiro pracer. Moitas, moitísimas grazas por todo!


E por suposto, queremos dar as grazas aos peixiños e aos golfiños, por facernos vivir tantas cousas, por facernos rir, por deixarnos aprender de vós e, sobre todo, por querernos e por todos eses bicos e abrazos que nos destes durante estes tres anos. Por iso, e a pesar de que estamos un pouquiño tristes por ter que deixarvos, mandámosvos un bico enorme e desexámosvos moita sorte nesta nova aventura que comezades. Non vos esquezades de nós, porque estas dúas profes sempre vos levarán no recordo. 


E agora si... FELIZ VERÁN!!!!

jueves, 20 de junio de 2013

TÓMBOLA 2013

Isto está a chegar ao seu fin e os peixiños e golfiños xa estamos un pouco nerviosos, así que... que mellor xeito de calmar estes nervios que cun pouco de exercicio??
Hoxe, a profe Geni preparounos un circuíto xigante: saltar, correr, andar en equilibrio... todo para poder conseguir o noso agasallo da tómbola do cole. Que contentos íamos todos cos nosos regaliños, verdade? Esta si que unha boa maneira de rematar un ciclo!


miércoles, 19 de junio de 2013

LUKA

Hoxe tivemos unha visita moi especial. O papá de Pablo trouxo a clase a Luka, un dos cans de Pablo. Luka e moi, moi xoguetón, case, case tanto ou máis ca nós. Grazas pola visita!






 
 
 

 
 

jueves, 13 de junio de 2013

ANIVERSARIOS XUÑO E XULLO

Este mes celebramos os aniversarios do peixiño Matías e dos golfiños Alba, Carla e Joel. Ademais, uniuse á festa o golfiño Iván que no mes de Maio estivo enfermo e non puido celebralo con nós.


Aproveitamos para darlle unha aperta moi grande ao peixiño Iván que non puido vir a celebrar o seu aniversario por estar enfermo. Un bico de parte de todos e moitas felicidades!

miércoles, 12 de junio de 2013

CASA DO QUEIXO

O martes fomos a nosa última excursión como nenos e nenas de Infantil: visitamos a Casa do queixo. Alí vimos moitos animais, a os que puidemos acariciar e ata dar de comer: porcos, coellos, vacas, cabras, cabalos, ocas... Pero ademais, amasamos e cocemos pan, descubrimos a textura da la e, como non, fixemos un queixo riquísimo que xa comemos alí! Para acabar o día xogamos, xogamos moitísimo polo campo, que chulo estivo tirarnos pola herba a rolos!!! Mirade que ben o pasamos...


lunes, 10 de junio de 2013

BATUKADA!!!

Vaia festa tivemos hoxe no cole!!! Tambores, maracas,... todo se encheu de música e ritmo na batukada que nos ofreceron de novo Os fenómenos. Pasámolo pipa, nos hai máis que vernos...
 

 Moitas grazas, de novo, a Os Fenómenos pola súa colaboración desinteresada. Sodes xeniais!

domingo, 9 de junio de 2013

ANIVERSARIOS MAIO

No mes de maio celebramos os aniversarios de: Elin e Diego. MOITAS FELICIDADES!!!

miércoles, 5 de junio de 2013

O PATIO DOS MAIORES

Hoxe, como viñeron a vernos os nenos e nenas que entran no cole o curso que vén, aproveitamos para coñecer o patio no que imos a xogar a partir de setembro. Que chulo está o patio dos maiores!!!! Podemos correr, pintar, xogar coas cordas e ata beber nunha fonte... Isto de pasar a Primaria ten boa pinta!!!
 

sábado, 1 de junio de 2013

O ALBUM DAS FLORES

Durante o mes de Maio todos os nenos e nenas do cole estivemos como tolos buscando flores polo centro. Eran os carteis do Álbum biligüe que este curso puxeron, de novo en marcha, as profes de inglés: Marga e Ana, coa axuda da auxiliar de conversa, Stephanie. O venres despedimos a Stephanie que marcha de volta á súa terriña, e que mellor manera de facelo que sendo ela a encargada de entregar os agasallos aos gañadores da actividade. 
Os nenos e nenas de Infantil fixemos, como cada ano, un álbum xigante que completamos entre todos e polo cal tamén recibimos o noso premio que foi recollido polo encargado de cada clase.

 
Aproveitamos para despedirnos de Stephanie e darlle unha forta aperta de parte de todos os peixiños e golfiños... See you soon, teacher!!!

lunes, 27 de mayo de 2013

ANTON


Hoxe tivemos unha visita moi especial xa que os pais de Andrea viñéronnos presentar a Antón   o seu irmán que naceu fai 15 días . Non podiamos deixar de mirar para el porque é realmente bonitiño. PARABÉNS FAMILIA!!! 

AVISO!!!

Xa están correxidas as probas de aptitude feitas pola orientadora do centro. Se  queredes ver os resultados poñédevos en contacto  con Isabel. Un saúdo.

miércoles, 22 de mayo de 2013

EL CARNAVAL DE LOS ANIMALES

 Onte fomos ao Conservatorio de Ferrol convidados pola nai de Iago, das bolboretas, para escoitar unha das pezas traballadas ca profe Lara na clase de música: " El carnaval de los animales" do compositor francés Saint-Saëns. Alí vimos moitos instrumentos como: violín, piano, clarinete...e por suposto todos os animais do "Carnaval". Grazas a Alma e aos seus compañeir@s do Conservatorio e a profe Lara por organizar esta excursión.
 
 
Por si queredes escoitar a peza de Saint Saëns, aí vos deixamos un enlace para disfrutar cos peixiños e golfiños.
 
 
 
 
 
 
 
 
 

jueves, 16 de mayo de 2013

LETRAS GALEGAS 2013

Para celebrar as Letras galegas, tivemos un día do máis movido. Primeiro, empezamos cun festival, onde se recordou a Roberto Vidal Bolaño, o autor homenaxeado este ano, cunha presentación feita polos nosos compañeiros e compañeiras de 6º de Primaria. Neste festival, os nenos de Infantil tamén tivemos un espazo, porque subimos ao escenario a recitar a nosa poesía, titulada "Poesía", pola que recibimos un premio moi chulo no "V Certame de Poesía Couceiro Freijomil".

 


Despois do festival e de encher as nosas barriguiñas, fomos ao patio dos maiores a botar un baile. "Os Fenómenos" foron os encargados de poñer a música con gaitas, pandeiretas... e nós de poñer a marcha! Que ben o pasamos!!!!



domingo, 5 de mayo de 2013

ANIVERSARIOS ABRIL

                    Esta semana celebramos os aniversarios do mes de abril. FELICIDADES REBECA!!!


miércoles, 1 de mayo de 2013

XA CHEGOU O MAIO!!!!

E chegou a primavera de verdade... ou polo menos ao noso cole. O martes o Couceiro encheuse de flores de todas as formas e cores para festexar entre todos a festa da primavera: Os Maios. Este ano e grazas a colaboración das familias, fixemos o Maio máis chulo de todos!!!! Os peixiños e os golfiños tamén puxemos o noso gran de arena e fixemos unha guirnalda chulísima de margaridas. Ademais e por ser os maiores, este ano fumos os encargados de pasealo orgullosos por todo o cole...




E aquí tedes o resultado final.... A que está chulo???


 Moitas grazas ás familias pola súa colaboración un ano máis, e moi especilamente, os pais e nais que viñeron a axudarnos e a compartir connosco este día!
VIVA O MAIO!!!!!!





miércoles, 24 de abril de 2013

"DÍA DO LIBRO"


Para festexar o "Día do Libro" hoxe tivemos o pracer de acudir ao estreno de dúas obras de teatro dos nos@s compañeir@s de 5ºB e 4º de primaria. Parabéns a tod@s as actrices e actores e como non, as profes Mari e Sabela, que fixeron posible este maravilloso traballo. 


                                    "O ESPANTALLO QUE QUERÍA CAMBIAR DE OFICIO"- 5ºB PRIMARIA



                                 "A VERDADEIRA HISTORIA DE CARAPUCHIÑA VERMELLA"- 4º PRIMARIA
                                                                                                                  




E por si isto fora pouco na clase de inglés tivemos outra sorpresa xa que Stephanie,a auxiliar de conversación, contounos un conto en inglés...
THANKS STEPHANIE AND MARGA!!!



MAIS BICHIÑOS

 Seguimos co desfile de " bichiños primaverais". Esta vez tocoulle o turno ao caracol de Andrea e aos cágados e tritóns de Daniel (peixiños). Isto xa parece un zoolóxico!!!...


viernes, 19 de abril de 2013

NOVA INVESTIGACIÓN: O CORPO!!

Xa rematamos o tema das abellas... canto aprendemos!!!! Pero, ao acabar, os peixiños e os golfiños xa comezaron a maquinar... E agora, que queremos saber?...
Como rondaba nas aulas o tema dos bebés (de onde veñen?) e do noso corpo (que temos por dentro e por fóra?), decidimos comezar unha nova investigación: O CORPO HUMANO. Así que si tedes algunha cousiña na casa que nos axude a coñecer máis cousas do tema, non dubidedes en traelas ao cole!
Un saúdo das profes!




jueves, 18 de abril de 2013

O QUEBRANOCES

Hoxe a profe Lara tiña unha gran sorpresa para nós: OS MONICREQUES DO QUEBRANOCES!!!! Nas últimas semanas estivemos traballando na clase de música "El Cascanueces" de Tchaikovsky, e hoxe poidemos escoitar todas as melodías e coñecer, persoalmente, o Quebranoces, a Fada do zucre, a nena Lara,... e percorrer con eles China, Rusia, Exipto... Que ben o pasamos!!!! E como nos rimos!!!


Aproveitamos o blog para darlle as grazas a mamá de Iago das bolboretas, que foi a verdadeira artífice desta actividade, e ás súas compañeiras do Conversatorio de Ferrol. Tamén á profe Lara, por enchernos de música cada xoves e promover estas actividades cos peques do cole.

O NIÑO DE IVÁN

Hoxe, o golfiño Iván trouxo a clase un pequeno niño de paxaro con tres ovos que atoparon os seus papás. Como traballan os paxariños!!! Que ben feito estaba!!!! Entre todos decidimos que era mellor volvelo ao seu sitio, porque a súa mamá seguro que estaba moi preocupada polos seus filliños. A ver se hai sorte e nos próximos días, Iván pode escoitar o canto dos tres novos paxariños...
Moitas grazas a Iván e aos seus papás por compartilo connosco!!!



lunes, 15 de abril de 2013

NOVAS VISITAS!!!

Esta mañá tivemos a visita de dous animaliños: Piz, a tartaruga de Luna, e un ourizo de Andrés da clase das tartarugas. Mirade que emocionados estabamos!