martes, 7 de febrero de 2012

CONTACONTOS KALANDRAKA

Hoxe, ao chegar ao cole, encontramos unha carta misteriosa... tiñamos unha visita moi especial: PATRICIA E ALEX, dous amigos de Güino, viñeron a nosa biblio a contarnos varias historietas: A familia C, O mago Goma e Pancho.

Sen dúbida, o que máis nos gustou, ademais do acordeón que tocaba Álex, foi a historia de Pancho, un elefante que por desobeceder ao seu papá acabou nunha trampa da que, con axuda dos peixiños e os golfiños, seguro que conseguiu saír. QUE BEN O PASAMOS!!

2 comentarios:

  1. A cara dos pequerrechos o dí todo, pero podedes ver máis imaxes e vídeos do contacontos no blog da Biblioteca: http://bibliocouceiro.blogspot.com/
    Visitádeo!!

    ResponderEliminar