viernes, 18 de mayo de 2012

DIA DAS LETRAS GALEGAS 2012

Hoxe celebramos no cole o Día das Letras Galegas, por todo o alto! O día comezou cun pequeno festival onde, ademais de presentar a obra e a vida de Valentín Paz Andrade, coñecéronse os gañadores do IV Certame de Poesía Couceiro Freijomil, no cal tamén participamos coa poesía "Pontedeume", dedicada á nosa vila.

Despois chegou o mago Fiz, que cambiou panos de cor, sacou bolas da boca, fixo aparecer e desaparecer cartas e... deixounos a todos coa boa aberta!!!!!  Íncluso á nosa compañeira Carolina, que xa non saía si o que vía era un pano azul ou amarelo...


O día rematou con música e baile a cargo de Os Fenómenos, grupo eumés que permitiunos disfrutar do folklore da nosa terra neste día tan especial e no que tocan pais e nais dos nosos compañeiros "Gaivotas", Óscar, Sabela e Aroa. Vaia troula tivemos!!!!! Pasámolo pipa!!!!

2 comentarios:

  1. Pero mira que teñen sorte estes pequechos...festa vai,festa ben dentro de nada as vacacións de verán (que ben merecidas as teñen as profes!!) que pasou o curso voando. Un bikazo!!

    ResponderEliminar
  2. Pero mira que teñen sorte estes pequechos...festa vai,festa ben dentro de nada as vacacións de verán (que ben merecidas as teñen as profes!!) que pasou o curso voando. Un bikazo!!

    ResponderEliminar