sábado, 23 de junio de 2012

BO VERÁN!!!!

E pasiño a pasiño, chegaron as vacacións! Como traballamos este curso, pero sobre todo...que ben o pasamos!!!! Dende setembro ata xuño, fomos vendimar, comemos castañas, enchimos de cores o Nadal, pitufamos a todo Pontedeume, convertémonos en pintores e escultores, descubrimos o valor das nosas Fragas... e xogamos e rimos un montón!!!!
Disfrutade moito destes meses de lecer, peixiños e golfiños, collede forzas e vémonos en setembro.
Un bico moi, moi, moi grande da profe Ana e da profe Nuria.


Aproveitamos a ocasión para agradecervos a vós familias, toda a vosa colaboración durante este curso. É un pracer traballar cos vosos fillos e fillas e este pracer medra sabendo que temos todo o voso apoio e cariño. Pasade un bo verán e vémonos á volta. Un aperta moi forte das profes.

5 comentarios:

  1. AGRADECER AS PROFES POR MOITOS MOTIVOS. PRIMEIRO PORQUE GRACIAS A VOS APRENDEN DE MANEIRA MOY DIVERTIDA TODA A MATERIA.POR TODAS AS ACTIVIDADES QUE FACEDES ORGANIZANDO SALIDAS DO CENTRO.POR PREOCUPARVOS POR CADA UN DELES, E SOBRE TODO POR FACELOS TAN FELICES. CREO QUE TEDES UN EQUIPO DE INFANTIL ESTUPENDO. ASIQUE TEDES UNHAS MERECIDISIMAS VACACIONS DE VERAN. UN BIQUIÑO E A PASALO BEN

    ResponderEliminar
  2. Vaia!!! Que palabras máis bonitas!!!! Moitas grazas a vós, a verdade e que con nenos e nenas como os nosos peixiños e golfiños e con familias coma vós, é un verdadeiro gustazo traballar.
    Aproveitamos este espazo para agradecerche non só estas palabras (que emocionou a todo o equipo de Infantil), senón tamén por todo o teu apoio no blog durante este curso. Disfruta moito do verán con eses dous pequerrechos tan guapos que tés e vémonos en setembro.
    Un biquiño!!!!!

    ResponderEliminar
  3. Pola parte que me toca,agradecer a todas as profes o traballo que facedes dia a dia ademais do cariño que lles dades aos nosos nenos,sodes todas estupendas e esperamos que teñades unhas boas vacacións porque a verdade é que as tedes merecidísimas. Un bico fortísimo!! Vémonos prontiño.

    ResponderEliminar
  4. Pola parte que me toca,agradecer a todas as profes o traballo que facedes dia a dia ademais do cariño que lles dades aos nosos nenos,sodes todas estupendas e esperamos que teñades unhas boas vacacións porque a verdade é que as tedes merecidísimas. Un bico fortísimo!! Vémonos prontiño.

    ResponderEliminar
  5. Moitas grazas polas túas palabras! Para nós é un verdadeiro pracer traballar con vosos fillos, e como sempre dicimos, saber que contamos co voso apoio e cariño é todavía máis reconfontante.
    Grazas polos teus comentarios ao longo de todo no curso no blog e... Disfruta moito desas dúas cousillas lindas que tes na casa!!!
    Vémonos en setembro!
    Un biquiño moi forte!

    ResponderEliminar