Como todos os anos, celebramos o Samaín. O colexio encheuse de cabazas do máis variado. Canto traballaron estas familias!!! Grazas pola vosa participación!
martes, 30 de octubre de 2012
PEQUENOS XARDIÑEIROS
Hoxe plantamos uns bulbos de xacintos e tulipáns para que, cando chegue a primavera, o noso patio convírtase nun precioso e colorido xardín... A ver que sae de aí! Estaremos moi atent@s...
viernes, 19 de octubre de 2012
PREPARANDO O MAGOSTO...
Xa está chegando o día de comer as castañas: O MAGOSTO!!!! Pero os peixiños e os golfiños non temos un portacastañas para comelas ben a gusto.... Por iso precisamos un brick de zume, leite, ... ben limpiño e cortado pola metade (todas as caras menos unha das máis anchas coma na foto) para poder encher de castañas a nosa barrigola!!
Moitas grazas pola vosa colaboración!!!
Moitas grazas pola vosa colaboración!!!
ONDE VIVIMOS
Os peixiños e os golfiños estamos moi emocionados: imos comezar a investigar o sitio onde vivimos, a ver si somos quen de situar nos mapas España, Galicia, A Coruña, Pontedeume... e ata China! Así que, si queredes participar nesta viaxe, podedes traer libros, mapas ou calquera outra cousiña que nos poida valer para descubrir, entre todos, o mundo no que vivimos.
Un saúdo das profes.
Un saúdo das profes.
viernes, 5 de octubre de 2012
RECOLLIDA DE CASTAÑAS
Os peixiños e os golfiños adiantámonos ao Magosto e... fumos as Fragas en busca de castañas e ourizos! O día comezou cunha gran merendola no Andarubel, aberto todiño para nós. Despois de encher a panza, puxémonos mans á obra e baixamos ata a Xunqueira a atrapar todas as castañas, ourizos, landras e follas de outono que vimos... Arramplamos cun montón!!! Que grandes exploradores somos!!!!
Aproveitamos para darlle as grazas á mamá de Sabela por prestarnos o seu restaurante e deixarnos comer alí como marqueses e marquesas. Moitas grazas de parte de todos os peixiños e golfiños!!!!
Aproveitamos para darlle as grazas á mamá de Sabela por prestarnos o seu restaurante e deixarnos comer alí como marqueses e marquesas. Moitas grazas de parte de todos os peixiños e golfiños!!!!
![]() |
CASTAÑAS!!!!! |
miércoles, 3 de octubre de 2012
UN NOVO GOLFIÑO!
Hoxe chegou a clase dos golfiños un novo compañeiro: Naim. Tanto os peixiños como os golfiños encargámonos de darlle unha benvida por todo o alto!!! Seguro que o pasaremos xenial todos xuntos este curso.
Benvido Naim!!!!
Benvido Naim!!!!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)