viernes, 5 de octubre de 2012

RECOLLIDA DE CASTAÑAS

Os peixiños e os golfiños adiantámonos ao Magosto e... fumos as Fragas en busca de castañas e ourizos! O día comezou cunha gran merendola no Andarubel, aberto todiño para nós. Despois de encher a panza, puxémonos mans á obra e baixamos ata a Xunqueira a atrapar todas as castañas, ourizos, landras e follas de outono que vimos... Arramplamos cun montón!!! Que grandes exploradores somos!!!!




Aproveitamos para darlle as grazas á mamá de Sabela por prestarnos o seu restaurante e deixarnos comer alí como marqueses e marquesas. Moitas grazas de parte de todos os peixiños e golfiños!!!!

CASTAÑAS!!!!!

3 comentarios:

  1. QUE BEN O PASARON, E CUN DIA TAN FERMOSO QUE VOS ACOMPAÑOU, E QUE RICAS AS PRIMEIRAS CASTAÑAS DO OUTONO QUE CHEGARON A CASA. E TAMEN AGRADECER A FAMILIA DE SABELA POR SUPOSTO PORQUE ESTIVERON COMO REISES. UN SAUDIÑO

    ResponderEliminar
  2. Como gozaron estes peixiños e golfiños. Os máis pequechos do cole tamén esperamos facelo cando nos toque a nós. Seguro que non esqueceredes este contacto coa natureza que tan ben prepararon as vosas profes. Como molan os cestiños!!. Biquiños.

    ResponderEliminar
  3. Pois si que o pasaron moi ben, iban contentísimos con todo o que recompilaron! A verdade é que foi unha excursión moi bonita. Ás veces non nos damos conta das cousas chulas que temos á volta da esquina.
    Estamos desexando que os pequerrechos se incorporen ás nosas andainas, profes Dámaris. Para a próxima, iremos todos xuntos!
    Biquiños.

    ResponderEliminar