domingo, 23 de diciembre de 2012

OS ROCKEIROS DO COUCEIRO!!!!

E por fin chegou o gran día... O día de festexar por todo o alto o Nadal. E os peixiños e os golfiños eleximos ser axudantes de Papá Noel, enchendo o cole de cor vermella e dándolle moito ritmo as vacacións cun baile ben rockeiro... Íamos ben guapos, non si?



Se queredes ver de novo a nosa gran actuación, premede en CELECOFRE e poderedes disfrutar non só do noso "meneo" senón tamén doutras actuacións de Nadal dos nosos compañeiros e compañeiras.

Pero o día non rematou aquí. Despois de darlle ao esquelete, tivemos unha gran merendola.... Como nos puxemos!!!!




Por último, e como guinda do pastel, adiviñades quen nos visitou??? Nada máis e nada menos que os paxes reais, que levaron as nosas cartas para entregárllelas directamente aos Reis Magos!!! Que bo comezo de vacacións!!!!




E por se non queredes aburrirvos e pasar unhas vacacións cheas de libros e experiencias, aí vos deixamos estas recomendacións de Güino dende a biblioteca, e outras actividades para disfrutar cos pequerrechos.


Aproveitamos o blog para desexarvos a todos un BO NADAL!!! Disfrutade moito das vacacións cos peixiños e golfiños, e entrade con bo pé no novo ano. Vémonos no 2013!!!!
Unha aperta moi grande das profes.

1 comentario:

  1. GRACIAS POLO TRABALLIÑO QUE FIXECHEDES COS NOSOS PEQUECHOS PARA QUE OS PAIS DISFRUTARAMOS TANTO DESTE FESTIVAL DE NADAL, ESTES ROQUEIROS ESTIVERON SIMPATIQUISIMOS.E TAMEN O NOSO AGRADECEMENTO POR COMPARTIR ESTE BLOG E FACERNOS PARTICIPES DOS MOMENTOS TAN ESPECIAIS DOS NOSOS NENOS NO COLE. BOAS FESTAS E DISFRUTADE DESTAS DATAS UN BIQUIÑO

    ResponderEliminar