miércoles, 30 de enero de 2013

DÍA DA PAZ

Hoxe festexamos o Día da Paz no cole. Comezamos cun desfile de paraugas, paraguas que fixeron os nosos compis de 1º e 2º e que encheron de cor o patio. Despois os nenos e nenas de 6º tocaron  para todos nós a canción da peli "Carros de fuego", una canción chulísima, na que houbo frautas e ata un acordeón. E xa por último, despois de ler o manifesto pola paz, bailamos  e cantamos a canción "Jambo Bwana", unha canción africana que nos ensinou a profe Lara estas semanas en clase de música. 
A mágoa foi, sen dúbida, a chuvia, que empañou un pouco a festa, mais os peixiños e os golfiños pasámolo pipa, sobre todo pola visita das familias. Moitas grazas por vir a festexar este día connosco!!!!

2 comentarios:

  1. TODO MOI BONITO, UN BAILE MOI PEGADIZO, NA CASA CONTINUAMOS BAILANDOO.AINDA QUE O TEMPO COMA SEMPRE FACENDO DAS SUAS, QUEDOU XENIAL. UN BICO

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. A verdade é que Lara, a nosa profe de música, sempre prepara unhas coreografías estupendas e esta non podía ser menos, aínda que como tí ben dices o tempo non acompañou pero bueno...Grazas pola participación no blog. Encántanos que o sigades e como non que nos fagades comentarios . Saúdos das titoras

      Eliminar