viernes, 28 de junio de 2013

A NOSA GRADUACIÓN

E case coma se nada, esta andaina chegou á súa fin... pero, non podiamos irnos sen celebralo cunha gran festa, a festa da nosa graduación!!! E así foi, con moito ritmo, recollemos os diplomas de mans dos nosos compis de sexto, os cales nos "cederon" o seu sitio en Primaria, porque.... xa somos maiores!!! Mirade que guapos estabamos...



Premede aquí para ver o acto de graduación

Pois si, parece mentira pero xa pasasen tres anos dende que os nosos peixiños e golfiños desen os seus primeiros pasos no cole. Tres anos nos que aprendemos un montón de cousas pero nos que sobre todo, fixemos grandes amigos e divertímonos moitísimo....



Dende aquí queremos agradecer a todas as familias o apoio recibido estes tres cursos, o cariño e a calor que nos destes fixo que o noso traballo fose un verdadeiro pracer. Moitas, moitísimas grazas por todo!


E por suposto, queremos dar as grazas aos peixiños e aos golfiños, por facernos vivir tantas cousas, por facernos rir, por deixarnos aprender de vós e, sobre todo, por querernos e por todos eses bicos e abrazos que nos destes durante estes tres anos. Por iso, e a pesar de que estamos un pouquiño tristes por ter que deixarvos, mandámosvos un bico enorme e desexámosvos moita sorte nesta nova aventura que comezades. Non vos esquezades de nós, porque estas dúas profes sempre vos levarán no recordo. 


E agora si... FELIZ VERÁN!!!!

5 comentarios:

  1. GRACIAS A VOSOUTRAS PROFES, PORQUE CADA MINUTO DE DEDICACION QUE PUXECHEDES NOS NOSOS FILLOS PARA OS PAIS E MOI IMPORTANTE.GRAZAS POR DEDICAR TANTO ESFORZO PARA QUE OS NOSOS NENOS APRENDAN DE MANEIRA MAIS LUDICA E DIVERTIDA, SABEMOS QUE PARA VOSOUTRAS E TRABALLIÑOS EXTRA. POR DEIXARNOS COMPARTIR CON ELES ACTIVIDADES. POR LEVALOS AS SAIDAS, E VIR DERROTADAS, TAMEN POR OFRECERNOS ESTE BLOG QUE E UNHA VENTANIÑA POR DONDE PODEMOS VELOS, E QUE A NOS NOS FAI TANTA ILUSION.QUE TODAS AS MOSTRAS DE CARIÑO QUE VOS OFRECEMOS E MERITO VOSO,SOLO E O RESULTADO DO VOSO TRABALLO TAN BEN FEITO ESTE TEMPO EN FIN QUE GRAZAS POR FACELOS TAN FELICES ESTES TRES ANOS. E POLA PARTE QUE ME TOCA QUE E A PROFE NURIA, SOLO DICIRLLE QUE NUNCA NOS ESQUECEREMOS DELA, QUE NUNCA CAMBIES PQ ERES ESTUPENDA POLA CERCANIA,CARIÑO E APOYO QUE OFRECES, QUE ERES UNHA AUTENTICA PROFESIONAL. MOITAS GRAZAS POR TODO

    ResponderEliminar
  2. POUCO MAIS TEÑO QUE DICIR, POIS LORENA EXPLICOUNO MOI BEN, EU PENSO O MISMO. SEMPRE ESTAREDES NO NOSO CORAZON. FOI UNHA PRIMEIRA ETAPA NAS SUAS VIDAS E VOS FIXECHELA MOI BONITA E INOLVIDABLE. GRAZAS, GRAZAS E GRAZAS POR TODO. UN BIKIÑO E UN ABRAZO MOI FORTE PROFES!!!

    NÉSTOR,SILVANA,GABRIELA E BRUNO

    ResponderEliminar
  3. Damos moita tristura esta despedida mais temos o alivio de saber que sempre estaredes ahi...
    Pola nosa parte, sempre nos teredes ahí para calqueira cousa que necesitedes e levarémosvos sempre no corazón. Deséxovos moita sorte na vosa nova andaina!!
    Un bikazo,e que saibades que se vos quere moito

    ResponderEliminar
  4. Moitas grazas por todas estas palabras e estas mostras de cariño. A verdade é que no sabemos moi ben que dicir, soamente darvos unha e outra vez as GRAZAS por acompañarnos estes tres anos. Foi un verdadeiro pracer traballar cos vosos fillos e fillas, velos crecer e aprender. Son uns pequenos fantásticos e a verdade é que non nos estraña porque teñen ben a quen parecer. Estamos moi tristes de ter que deixalos, non volo podedes ni imaxinar, pero non só por deixalos a eles, senón tamén a vós, ás familias, que sempre estades aí, apoiándonos e dándonos tanto cariño. Non sabemos que nos espera na nova andaina que comezamos o curso próximo, pero o que si temos moi claro é que vai ser moi difícil superar estes tres años da familia (que xa así vos consideramos) peixiños e golfiños. Pero como unha boa familia sabedes que sempre estaremos pretiño vosa para que o queirades e precisedes, tanto vós coma os nosos peixiños e golfiños. Disfrutade moito do verán e vémonos o vindeiro curso, iso seguro! Un bico moi, moi forte.

    ResponderEliminar
  5. Nuria (golfiños)3 de julio de 2013, 15:34

    E agora xa como profe Nuria... Moitas, moitísimas grazas Lorena polas túas palabras. De todos os meus anos como mestra, estes tres últimos foron os mellores da miña vida profesional, e uns dos principais culpables de que sexa así, sodes vós. Primeiro, por ter uns fillos e fillas tan riquiños e bos, que me deixan querelos e sempre me fan rir; e segundo por ser uns pais e nais tan colaboradores, agradecidos e próximos, por estar sempre ao meu lado, apoiándome e comprendendo os meus erros (que os teño, e moitos...), por facerme sentir parte dun proxecto común, dunha familia e, en xeral, por ser tan bos comigo.
    Sempre "presumo" de vós diante do resto das compañeiras deste cole e doutros, e todos dinme sempre que teño moitísima sorte... E a verdade é que si, son unha mestra moi afortunada por poder compartir con vós todo este tempo, por ter a sorte de traballar no que me gusta contando, por riba, co cariño e apoio dos "meus" papás, mamás e nenos. E por iso estou "tristona" porque estes tres cursos chegan ao seu fin... (e iso que, como xa vos dixen, non son eu moito de chorar). Pero como ben di Lorena, seguiremos véndonos, seguiremos estando aí, porque.... eu sempre vou a ser unha pequena "GOLFIÑA".
    Un bico moi, pero que moi forte e... MOITÍSIMAS GRAZAS!!!!

    ResponderEliminar