martes, 24 de mayo de 2011
O TRAXE GALEGO
Para continuar coa celebración das Letras Galegas, o grupo Orballo veu ao cole a darnos unha charla e a ensinarnos os traxes típicos galegos de Pontedeume. Moitísimas grazas a todos os compoñentes do grupo e tamén "ás dúas modelos" do Couceiro.
viernes, 20 de mayo de 2011
PRANTAMOS FABAS!
Por un día convertémonos en pequenos xardiñeiros. Botamos un pouquiño de terra nun vaso, dúas fabas, unhas pingas de auga... E A VER QUE PASA NOS VINDEIROS DÍAS! Seguiremos informando.
LETRAS GALEGAS 2011
O mércores festexamos no cole o Día das Letras Galegas, que este ano ten como protagonista a Lois Pereiro. No festival aprendimos parte da súa vida e da súa obra, pero o que máis nos gustou, sen dúbida, foi cantar todos xuntos o "Ven bailar Carmiña" e o "Pirimpimpín", con gaita e todo!
jueves, 19 de mayo de 2011
sábado, 14 de mayo de 2011
DE CONCERTO!!!!
Este xoves os peixiños e os golfiños gozamos dun gran concerto no cole. Un grupo eumés, encabezado pola bruxa Maruxa, ofreceunos varias cancións e encheu todo de ritmo! Pasámolo pipa!
miércoles, 11 de mayo de 2011
PEPITO E PEPITA GRILO
Hoxe tivemos unha nova visita: URIEL TROUXO UNHA PARELLA DE GRILOS, PEPITO E PEPITA!!!!!! Estiveron con nós toda a mañá e descubrimos que cantan de marabilla... Cri, Cri, Cri! Grazas Uriel!
martes, 3 de mayo de 2011
OS MAIOS
E imos de festa en festa, xa que este mismo día celebramos a festa dos Maios. O noso "Pequerrechemaio" quedounos moi bonito e cheíño de flores. Foi un día moi completo!
BUSY BEE
Suscribirse a:
Entradas (Atom)