jueves, 31 de enero de 2013

ANIVERSARIOS DE XANEIRO

Este mes celebramos o aniversario de Sabela, que xa ten 6 aniños... MOITAS FELICIDADES!!!!

miércoles, 30 de enero de 2013

DÍA DA PAZ

Hoxe festexamos o Día da Paz no cole. Comezamos cun desfile de paraugas, paraguas que fixeron os nosos compis de 1º e 2º e que encheron de cor o patio. Despois os nenos e nenas de 6º tocaron  para todos nós a canción da peli "Carros de fuego", una canción chulísima, na que houbo frautas e ata un acordeón. E xa por último, despois de ler o manifesto pola paz, bailamos  e cantamos a canción "Jambo Bwana", unha canción africana que nos ensinou a profe Lara estas semanas en clase de música. 
A mágoa foi, sen dúbida, a chuvia, que empañou un pouco a festa, mais os peixiños e os golfiños pasámolo pipa, sobre todo pola visita das familias. Moitas grazas por vir a festexar este día connosco!!!!

DISFRAZ DE ENTROIDO

Como xa sabedes este ano a temática do entroido son as profesións e os nen@s de infantil imos de apicultores. Terán que vir de branco, con luvas e sombreiro. Aproveitade o que teñades na casa e non merquedes nada. Por se vos serve de axuda aquí vos deixamos unha foto dun apicultor. Un saúdo das titoras.
 

viernes, 11 de enero de 2013

VISITA Á BIBLIOTECA DO CONCELLO

Hoxe tivemos unha sorpresa!!! Cando chegamos ao cole, as profes dixéronnos que Alexandre, o bibliotecario, estaba esperandonos na biblioteca de Pontedeume para contarnos un conto chulísimo. Así que alí fomos... Alexandre, que xa coñecía a moitos dos peixiños e dos golfiños, contounos a historia dun ourizo chamado "Chucho Cacho" e invitounos a ser socios e socias da biblioteca, para o cal teremos que pasar por alí calquera tarde e facer un carné co que poderemos levar libros para casa... Grazas Alexandre!!!!