O martes fumos á Casa do Mel para seguir aprendendo cousiñas das abellas... Cantas cousas fan as abellas e.. que listas son!!! Coñecimos á abella raíña, ás obreiras e aos abellóns, fixemos unha vela, pintamos a nosa colmea, e probamos mel... mmmm! Que rica estaba! Algúns repetimos ata fartarnos... Que ben o pasamos!!! Este si que é un bo final de trimestre!
Ademais, e co motivo das vacacións de pascua, a profe Marga contóunos a historia dun coelliño en inglés. Se queredes ver o conto pinchande no seguinte enlace o no blog amigo de "English": http://theguiris.blogspot.com.es/
Aproveitamos para desexarvos unhas boas vacacions. Pasádeo moi, moi, moi ben e repoñede forzas para tomar con moitas ganas o noso último trimestre en Infantil!!!! Vémonos o día 2 de abril!
viernes, 22 de marzo de 2013
jueves, 21 de marzo de 2013
ANIVERSARIOS DE MARZO
Este mes celebramos o aniversario de Andrea, Gabriela e Mariña... MOITAS FELICIDADES, PECHERRECHAS!!!!
O DÍA DA POESÍA
Hoxe, para festexar no cole a chegada da primavera e o Día da poesía, os nosos compañeiros e compañeiras de 6º de Primaria, contáronnos as aventuras dun pequeno rato chamado Frederick... Mirade que atentiños estabamos...
viernes, 15 de marzo de 2013
A PRIMAVERA ESTÁ CHEGANDO!
E aínda que non o pareza, a primavera está chegando... Iso sabémolo moi ben os peixiños e os golfiños, por que? Pois porque a nosa pequena plantación de bulbos xa está florecendo!!!!! Mirade que chulos están os nosos xacintos e ademais, olen de marabilla!
Os tulipáns están algo máis preguiceiros, pero seguro que nos próximos días tamén deixarán ver a súa flor.
Os tulipáns están algo máis preguiceiros, pero seguro que nos próximos días tamén deixarán ver a súa flor.
viernes, 8 de marzo de 2013
PABLO, O APICULTOR
Hoxe tivemos no cole unha nova sorpresa... Un apicultor de verdade!!! Pablo, o apicultor, trouxonos polen, mel e ata dúas abellas para mirar cunha lupa... Cantas cousiñas aprendimos!!! Que as abellas recollen o mel das flores, que só pode existir unha raíña, que se lles bota fume para que non piquen ao quitar o mel...
E seguiremos aprendendo, porque xa temos en marcha outro novo proxecto: AS ABELLAS, por iso se tedes na casa algún libro ou algunha outra cousiña relacionada co tema, non dubidedes en traela.
Moitas grazas a Pablo pola súa visita, e a mamá da xirafiña Ana por invitalo a vir ao cole!
E seguiremos aprendendo, porque xa temos en marcha outro novo proxecto: AS ABELLAS, por iso se tedes na casa algún libro ou algunha outra cousiña relacionada co tema, non dubidedes en traela.
Moitas grazas a Pablo pola súa visita, e a mamá da xirafiña Ana por invitalo a vir ao cole!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)