martes, 25 de septiembre de 2012

ANIVERSARIOS SETEMBRO

Este mes celebramos o aniversario do golfiño Martín... MOITAS FELICIDADES!!!!



jueves, 13 de septiembre de 2012

ESTREAMOS MÚSICA!

Este curso temos a gran sorte de contar coa profesora de música dos maiores. E hoxe, por fin, puidemos estrear a clase de música: cantamos, bailamos, tocamos instrumentos,... e sobre todo, pasámolo xenial! Estamos a desexar volver a semana que vén! Grazas, Lara!


miércoles, 12 de septiembre de 2012

ESTAMOS EN 5!!!!

E de novo setembro... Fai nada que estabamos empezando e agora xa estamos en 5!!! Somos os maiores de todo o corredor!!!
Que ganiñas tiñamos os peixiños e os golfiños de ver aos nosos compañeiros e compañeiras e sobre todo... de xogar cos nosos novos xoguetes!!!! Pero como máis vale unha imaxe que mil palabras...



Aproveitamos para darlle a benvida ao noso grupo mariño, a un novo peixiño, Pablo... Xa verás que ben o pasamos todos xuntos! Unha aperta moi forte de todos os peixiños e golfiños.