viernes, 30 de septiembre de 2011

ANIVERSARIOS DE SETEMBRO

Hoxe celebramos o aniversario do golfiño Martín, que xa ten 4 anos... MOITAS FELICIDADES!!!!



viernes, 23 de septiembre de 2011

A VENDIMAR!

Hoxe fumos a comprobar que era iso de vendimar. Os nosos papás, mamás e avós xa nos contaran algo, pero non o tivemos moi claro ata que o fixemos nós mesmos. Primeiro collimos as uvas da vide, con moito coidadiño porque estaban moi altas, e despois de metelas nun caldeiro, pisámoas cos pés e.. FIXEÑOS MOSTO!!!!! Que rico estaba!!!!



Aproveitamos o blog para darlle as grazas aos tíos da profe Dámaris que nos ensinaron e nos axudaron a facer a vendima. Moitas grazas Tino e Carmen!

jueves, 22 de septiembre de 2011

FOLLAS NO CORREDOR!!!!

Hoxe tivemos unha gran sorpresa: o corredor cubriuse de follas, follas que nos levaron ata un montón de... UVAS!!!! Pero o mellor de todo foi descubrir que mañá imos de excursión todos xuntos a vendimar... Vedimar, que será iso? Os peixiños e golfiños non temos moita idea, pero seguro que o pasamos moi ben facéndoo. A ver que pasa mañá... Seguiremos informando.

        

 

martes, 13 de septiembre de 2011

XA SOMOS DE 4!!!!

E así, case sen darnos conta, comezamos un novo curso. Desexámoslle moita sorte aos tres peixiños que se foron: Pablo, Álex e Claudia, e dámoslle a benvida a un novo compañeiro, Juan Luis e tamén ao resto dos peixiños e golfiños.
Cando chegamos ao cole estabamos un pouquiño despistados, sobre todo polo cambio de aula (XA SOMOS DE 4!!!!!!) pero no recreo... Que ben o pasamos!