lunes, 30 de abril de 2012

OS MAIOS

Hoxe festexamos no cole os maios, a gran festa da primavera. E aínda que o tempo non nos acompañou moito, lucimos orgullosos o noso "Maio dos Couceiriños" por todo o cole! A que quedou chulo? Nós fomos os encargados de facer as grilandas de laranxas, que lle deron un toque moi colorido. Pásamolo xenial neste día de festa!



Grazas ás familias pola vosa colaboración!

sábado, 28 de abril de 2012

ANIVERSARIOS DE ABRIL


Este venres celebramos os aniversarios do mes de abril . MOITAS FELICIDADES REBECA!!!


lunes, 23 de abril de 2012

TEATRO EN INGLÉS

Hoxe e coincidindo co Día do Libro, os nosos compañeiros e compañeiras de 3º ofrecéronnos unha representación teatral en inglés titulada: "The shoemaker and the elves" (O zapateiro e os trasnos). Gustounos moitísimo!!!!! Parabéns aos actores e actrices e, por suposto, as profes directoras da función.