viernes, 30 de septiembre de 2011
viernes, 23 de septiembre de 2011
A VENDIMAR!
Hoxe fumos a comprobar que era iso de vendimar. Os nosos papás, mamás e avós xa nos contaran algo, pero non o tivemos moi claro ata que o fixemos nós mesmos. Primeiro collimos as uvas da vide, con moito coidadiño porque estaban moi altas, e despois de metelas nun caldeiro, pisámoas cos pés e.. FIXEÑOS MOSTO!!!!! Que rico estaba!!!!
Aproveitamos o blog para darlle as grazas aos tíos da profe Dámaris que nos ensinaron e nos axudaron a facer a vendima. Moitas grazas Tino e Carmen!
Aproveitamos o blog para darlle as grazas aos tíos da profe Dámaris que nos ensinaron e nos axudaron a facer a vendima. Moitas grazas Tino e Carmen!
jueves, 22 de septiembre de 2011
FOLLAS NO CORREDOR!!!!
Hoxe tivemos unha gran sorpresa: o corredor cubriuse de follas, follas que nos levaron ata un montón de... UVAS!!!! Pero o mellor de todo foi descubrir que mañá imos de excursión todos xuntos a vendimar... Vedimar, que será iso? Os peixiños e golfiños non temos moita idea, pero seguro que o pasamos moi ben facéndoo. A ver que pasa mañá... Seguiremos informando.
martes, 13 de septiembre de 2011
XA SOMOS DE 4!!!!
E así, case sen darnos conta, comezamos un novo curso. Desexámoslle moita sorte aos tres peixiños que se foron: Pablo, Álex e Claudia, e dámoslle a benvida a un novo compañeiro, Juan Luis e tamén ao resto dos peixiños e golfiños.
Cando chegamos ao cole estabamos un pouquiño despistados, sobre todo polo cambio de aula (XA SOMOS DE 4!!!!!!) pero no recreo... Que ben o pasamos!
Cando chegamos ao cole estabamos un pouquiño despistados, sobre todo polo cambio de aula (XA SOMOS DE 4!!!!!!) pero no recreo... Que ben o pasamos!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)