viernes, 28 de octubre de 2011

CELEBRAMOS O MAGOSTO!

Seguimos de festa en festa. Despois das cabazas de onte, hoxe tocaba comer as castañas todos xuntos para celebrar o magosto. Así que despois de cantar a canción dos Esqueletos, puxémonos mans á obra. Que ricas estaban! Pero o mellor de todo foi, sen dúbida, os batidos de chocolate..... mmmmmmm!!!!! E como non... PODER XOGAR TODOS XUNTOS NO PATIO DOS MAIORES!!!!!
E para completar a festa tivemos unha gran sorpresa final... A profe Vero e a profe Raquel viñeron a vernos!!!!!


O SAMAÍN DOS PEIXIÑOS E GOLFIÑOS

Onte chegamos moi cargados ao cole.... Era o día de traer as cabazas! Pero non cabazas calquera, cabazas de Samaín! Que chulas nos quedaron e que orgullosos posamos, eh!
VIVA O SAMAÍN!!!!! 




PD: Aproveitamos o blog para darvos as grazas pola vosa implicación nesta actividade. As cabazas quedaron chulísimas! Sodes uns verdadeir@s artistas! Por si queredes velas, están todas expostas na entrada do colexio (Fotos: S.O.S. Pontedeume Denuncia)

jueves, 13 de octubre de 2011

COMEZAN DE NOVO OS CONTACONTOS DOS XOVES

Hoxe comezaron de novo, os contacontos dos maiores. Cada xoves e ata final de curso, virán polas nosas clases os nosos compañeiros e compañeiras de Primaria para contarnos un montón de historias.

Os peixiños e os golfiños tivemos a sorte de contar con dúas rapazas de 6º de Primaria que nos contaron dous contos chulísimos... Mirade que atentos estabamos!

jueves, 6 de octubre de 2011

PARA MELORRAR O NOSO BLOG

Boas tardes, familias!
Algúns de vós deixástenos suxestións sobre como mellorar o blog, así que vos animamos a tod@s a que aportedes as vosas ideas e, na medida das nosas posibilidades, intentaremos levalas a cabo.
Ademais, se tedes algún problema para escribir no blog (ás veces vólvese medio "tolo") e o problema persiste, avisádenos e intentaremos remedialo.
Moitas grazas a tod@s pola vosa participación e colaboración.
Un saúdo das profes.