O 27 de marzo conmemórase o Día Mundial do Teatro e aproveitando o final do trimestre, os nosos compañeiros e compañeiras de 2ºA, 2ºB e 5ºA, quixeron ofrecernos unhas actuacións fantásticas, cheas de animaliños e de cabaleiros, fadas, bruxas e magos.
Aproveitamos a ocasión para desexarvos unhas boas vacacións de Semana Santa cos vosos fillos e fillas. Vémonos á volta, o día 10 de abril.
Un saúdo
sábado, 31 de marzo de 2012
miércoles, 28 de marzo de 2012
ANIVERSARIOS MARZO
miércoles, 21 de marzo de 2012
DÍA DA POESÍA
Chegou a Primavera, e con ela a poesía. Hoxe festexamos no cole o Día mundial da Poesía, e para tal evento todos os nenos e nenas de Educación Infantil recitamos unha poesía titulada "Polas rúas", na que un velliño recorre medio mundo montado nun bus, nun tranvía, nun avión, nun patín, e ata nunha silla ou nun carrasco. PERO QUE BEN RECITAMOS!
viernes, 16 de marzo de 2012
MUSEO DE BELAS ARTES
Esta semana fomos de excursión ao Museo de Belas Artes da Coruña. Alí ensináronnos, entre outras cousas, a diferencia que hai entre a pintura e a escutura. Vimos moitas obras de arte e por un momento tranformámonos en verdadeiros pintores... VAIA OBRAS DE ARTE FIXEMOS!!!
viernes, 9 de marzo de 2012
VISITA AO TEIXO
Onte festexamos o día da muller traballadora e no cole dedicámosllo á figura de Emilia Pardo Bazán, unha escritora coruñesa vencellada a Pontedeume. Por iso, hoxe fomos de excursión ao Paseo Marítimo para visitar o teixo, unha árbore centenaria e enorme, onde ela pasaba moitas tardes escribindo os seus libros. Alí merendamos e á volta paramos a xogar no parque. PASÁMOLO XENIAL !!!!!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)