Esta vez, Patricia e Álex, contáronnos a historia de Loreto e o seu abrigo cheo de petos, as andanzas dunha galiña que traballaba e traballaba para facer boliños de pan e, por último, o conto dun gato que atopou un balón e tivo que buscar ao seu dono por todo o edificio. Cantamos, rimos e ata coñecemos a unha nova mascota: unha serpe chamada Críctor que viaxaba nun baúl... Que ben o pasamos!
jueves, 28 de febrero de 2013
CONTACONTOS NA BIBLIOTECA
Hoxe, ao chegar ao cole, atopámonos con unha gran sorpresa... Patricia e Álex, os nosos contacontos favoritos, viñan hoxe a contarnos miles de historias!!!! Moitos dos peixiños e dos golfiños tiñamos aínda no recordo o acordeón de Álex e a Familia C que nos contou Patricia, e estivemos moi ansiosos esperando a volta do recreo para poder ir á biblioteca.
Esta vez, Patricia e Álex, contáronnos a historia de Loreto e o seu abrigo cheo de petos, as andanzas dunha galiña que traballaba e traballaba para facer boliños de pan e, por último, o conto dun gato que atopou un balón e tivo que buscar ao seu dono por todo o edificio. Cantamos, rimos e ata coñecemos a unha nova mascota: unha serpe chamada Críctor que viaxaba nun baúl... Que ben o pasamos!
Esta vez, Patricia e Álex, contáronnos a historia de Loreto e o seu abrigo cheo de petos, as andanzas dunha galiña que traballaba e traballaba para facer boliños de pan e, por último, o conto dun gato que atopou un balón e tivo que buscar ao seu dono por todo o edificio. Cantamos, rimos e ata coñecemos a unha nova mascota: unha serpe chamada Críctor que viaxaba nun baúl... Que ben o pasamos!
miércoles, 27 de febrero de 2013
ANIVERSARIO DE CANTARES GALLEGOS
O 24 de febreiro conmemorouse o 150 aniversario da publicación do libro Cantares Gallegos de Rosalía de Castro. Dende a biblioteca, invitáronnos a escoitar o poema "Campanas de Bastabales" que fixeron os nosos compañeiros e compañeiras de Primaria. Recitaron de marabilla!!!! Pero sen dúbida, o que máis nos gustou foi a pegatina de Rosalía de Castro que nos deu Julio... Agora toca pensar onde a pegamos!
Se queredes ver o recitado, "pinchade" no blog da biblioteca.
Se queredes ver o recitado, "pinchade" no blog da biblioteca.
ANIVERSARIOS FEBREIRO
lunes, 18 de febrero de 2013
REMATA O ENTROIDO
sábado, 9 de febrero de 2013
OS APICULTOR@S DO COUCEIRO!
Como cada ano as rúas de Pontedeume enchéronse das cores e a música propia do Entroido. Este ano tocoulle o turno aos oficios: apicultor@s (e as 9 abellas), deportistas, pintor@s, pescador@s, banqueir@s e cociñeir@s animaron a festa. Pasámolo xenial aínda que botamos de menos aos peixiños e golfiños que non poideron gozar da festa por estar enfermos. Dende aquí mandámoslles un bico e ánimos para que se recuperen canto antes.
Tamén, un ano máis, dámoslle as grazas as familias pola súa implicación, tanto na elaboración dos doces como na confección dos disfraces dos nenos e nenas. SODES UNS ARTISTAS!!!!. E por úlltimo parabéns a esas nais que participaron na festa disfrazándose cos nosos peixños e golfiños, a ver si para o ano vos animades a participar todos e conseguimos facer un gran desfile de pequenos e maiores.
Disfrutade moito destas pequenas, pero merecidas vacacións e que...

VIVA O ENTROIDO!!!!
miércoles, 6 de febrero de 2013
4º MANDADIÑO DE MANOLO
E este ano, Manolo despídese de nós disfrazándonos de pallasos... Como é este Manolo!!! Sempre de troula!!!
E PARA SER O PALLASO QUE MÁIS MOLA,
O XOVES PON ALGO NA CACHOLA.
Ata o ano que ven, Manolo!!!!
martes, 5 de febrero de 2013
3º MANDADIÑO DE MANOLO
Que guapos e guapas estabamos hoxe os peixiños e os golfiños coas nosas medias!!!! Pero a festa de Manolo segue, e xa ten listo o seu 3º mandadiño:
Veña, mañá todos pintados!!! Este Manolo é moito... E aínda queda o xoves....
O MÉRCORES O NARIZ E AS MEIXELAS PINTARÁS,
E DA FESTA GOZARÁS.
Veña, mañá todos pintados!!! Este Manolo é moito... E aínda queda o xoves....
lunes, 4 de febrero de 2013
2º MANDADIÑO DE MANOLO
Este Manolo segue facendo das súas... Cando lle fomos a ensinar as nosas gravatas, tiña un novo mandadiño para nós...
O MARTES ATA OS XEONLLOS AS PERNAS TAPARÁS,
E UNHAS MEDIAS DE CORES LEVARÁS.
Así que mañá toca poñer unhas medias ou calcetíns ata os xeonllos... A ver que se lle ocorre a Manolo para o mércores...
viernes, 1 de febrero de 2013
1º MANDADIÑO DE MANOLO
Xa está chegando o entroido, e como todos os anos o noso Esqueleto Manolo xa está comezando a facer das súas para que empecemos a empaparnos coa festa. O seu primeiro mandadiño é...
O LUNS, PARA COMEZAR,
UNA DIVERTIDA GRAVATA TERÁS QUE LEVAR.
Así que xa sabedes, o luns todos e todas con gravatas no pescozo, que Manolo pasará revisión... A ver que nos trae para o martes....
O LUNS, PARA COMEZAR,
UNA DIVERTIDA GRAVATA TERÁS QUE LEVAR.
Así que xa sabedes, o luns todos e todas con gravatas no pescozo, que Manolo pasará revisión... A ver que nos trae para o martes....
Suscribirse a:
Entradas (Atom)