Hoxe tivemos unha gran sorpresa: o corredor cubriuse de follas, follas que nos levaron ata un montón de... UVAS!!!! Pero o mellor de todo foi descubrir que mañá imos de excursión todos xuntos a vendimar... Vedimar, que será iso? Os peixiños e golfiños non temos moita idea, pero seguro que o pasamos moi ben facéndoo. A ver que pasa mañá... Seguiremos informando.
algun case nen durmiu pensando na excursion de hoxe. estaba abraiado por ter atopado tantas follas e tantas uvas na escola, ainda asi cando lle preguntamos se as comera e se lle gustaran dixo que non que tiñan pepidas.
ResponderEliminarVAIA TRAVESURA QUE FIXO O VENTO, XA QUE ENCHEU TODO DE FOLLAS, E DESTE XEITO COMEZA O OUTONO. E DISQUE A PROFE LORENA COLGOUNAS NO CORREDOR. MOI BOA IDEA PROFES.UN ABRAZO
ResponderEliminarA verdade é que a cara de sorpresa que puxeron, mereceu a pena. Incluso algún descubriu que lle gustaban as uvas!
ResponderEliminarAproveitamos para darvos as grazas pola vosa colaboración e por manter o segredo da actividade.
Un saúdo