viernes, 23 de septiembre de 2011

A VENDIMAR!

Hoxe fumos a comprobar que era iso de vendimar. Os nosos papás, mamás e avós xa nos contaran algo, pero non o tivemos moi claro ata que o fixemos nós mesmos. Primeiro collimos as uvas da vide, con moito coidadiño porque estaban moi altas, e despois de metelas nun caldeiro, pisámoas cos pés e.. FIXEÑOS MOSTO!!!!! Que rico estaba!!!!



Aproveitamos o blog para darlle as grazas aos tíos da profe Dámaris que nos ensinaron e nos axudaron a facer a vendima. Moitas grazas Tino e Carmen!

5 comentarios:

  1. Wow!! Quen fora nen@ outra vez...Pasáronno en grande. Grazas aos tios da profe Dámaris por deixarlles compartir esta nova experiencia!!
    Un bico!!

    ResponderEliminar
  2. Vaia día tan estupendo! Coas ganas que tiña eu de ir... En fin que me alegro un montón de que o pasarades tan ben. Son a profe Ana e de momento non vou poder estar cos peixiños xa que levei un golpe nunha perna e non podo andar. Bótovos moito de menos e espero volver canto antes ao cole . Moitos bicos para tod@s.

    ResponderEliminar
  3. SI QUE O PASARON BEN, E VIÑERON DICINDO QUE ATA FIXERAN VIÑO.GRAZAS TAMEN A DAMARIS POR DARLLES ESA OPORTUNIDADE E SOBRE TODO DESESAXARLLE MELLORIA A PROFE ANA. BIQUIÑOS

    ResponderEliminar
  4. Este peixiño dixo que o pasara en grande.Experiencias coma estas son as que os fan medrar con ledicia no cole.

    ResponderEliminar
  5. A verdade é que o pasamos pipa, aínda que botamos moito de menos á profe Ana, sobre todo os seus peixiños que non paran de preguntarme por ela e de pedirme que lle mande moitos, moitos bicos. E, por soposto, tamén eu, que estou media "coxa" sen a miña outra metade.
    Coidate moito, Ana.
    Un bico moi grande.

    ResponderEliminar