jueves, 28 de febrero de 2013

CONTACONTOS NA BIBLIOTECA

Hoxe, ao chegar ao cole, atopámonos con unha gran sorpresa... Patricia e Álex, os nosos contacontos favoritos, viñan hoxe a contarnos miles de historias!!!! Moitos dos peixiños e dos golfiños tiñamos aínda no recordo o acordeón de Álex e a Familia C que nos contou Patricia, e estivemos moi ansiosos esperando a volta do recreo para poder ir á biblioteca.


Esta vez, Patricia e Álex, contáronnos a historia de Loreto e o seu abrigo cheo de petos, as andanzas dunha galiña que traballaba e traballaba para facer boliños de pan e, por último, o conto dun gato que atopou un balón e tivo que buscar ao seu dono por todo o edificio. Cantamos, rimos e ata coñecemos a unha nova mascota: unha serpe chamada Críctor que viaxaba nun baúl... Que ben o pasamos!


2 comentarios:

  1. Gracias por todos esos momentos que haceis que los niños lo disfuten muchisimo. Me encanta ver como mi hija me cuenta cosas nuevas que ocurrieron en su cole y lo contenta que está por participar en ellos y eso me hace ser feliz y participe de ello cuando me lo cuenta. GRACIAS!

    ResponderEliminar
  2. A nós tamén nos fai moi felices ver aos nen@s disfrutar no colexio. Ese é o noso obxectivo principal e polo que traballamos. E porque non decilo encántanos que valoredes o noso traballo e por suposto que fagades comentarios no blog. Grazas!

    ResponderEliminar