sábado, 9 de febrero de 2013

OS APICULTOR@S DO COUCEIRO!

Como cada ano as rúas de Pontedeume enchéronse das cores e a música propia do Entroido. Este ano tocoulle o turno aos oficios: apicultor@s (e as 9 abellas), deportistas, pintor@s, pescador@s, banqueir@s e cociñeir@s animaron a festa. Pasámolo xenial aínda que botamos de menos aos peixiños e golfiños que non poideron gozar da festa por estar enfermos. Dende aquí­ mandámoslles un bico e ánimos para que se recuperen canto antes.




Tamén, un ano máis, dámoslle as grazas as familias pola súa implicación, tanto na elaboración dos doces como na confección dos disfraces dos nenos e nenas. SODES UNS ARTISTAS!!!!. E por úlltimo parabéns a esas nais que participaron na festa disfrazándose cos nosos peixños e golfiños, a ver si para o ano vos animades a participar todos e conseguimos facer un gran desfile de pequenos e maiores.

Disfrutade moito destas pequenas, pero merecidas vacacións e que...  

VIVA O ENTROIDO!!!!


2 comentarios:

  1. QUE BONITO FOI O CARNAVAL, COMO SEMPRE MOI BOA ORGANIZACION E MOI BOAS IDEAS, PARA QUE QUEDE TODO ESTUPENDO.GRACIAS POR FACERNOS DISFRUTAR COS NOSOS NENOS. UN BICO

    ResponderEliminar
  2. Moitas grazas polas túas palabras. A verdade é que tivemos moitísima sorte, porque ata a chuvia decidiu darnos unha tregua para poder festexar o entroido como se merece.
    Pero o máis importante da festa sodes vós, as familias, que facedes posible que este día saia sempre de marabilla. Moitas grazas pola vosa colaboración ano tras ano.
    Un saúdo das profes.

    ResponderEliminar