viernes, 22 de marzo de 2013

A CASA DO MEL

O martes fumos á Casa do Mel para seguir aprendendo cousiñas das abellas... Cantas cousas fan as abellas e.. que listas son!!! Coñecimos á abella raíña, ás obreiras e aos abellóns, fixemos unha vela, pintamos a nosa colmea, e probamos mel... mmmm! Que rica estaba! Algúns repetimos ata fartarnos... Que ben o pasamos!!! Este si que é un bo final de trimestre!




Ademais, e co motivo das vacacións de pascua, a profe Marga contóunos a historia dun coelliño en inglés. Se queredes ver o conto pinchande no seguinte enlace o no blog amigo de "English": http://theguiris.blogspot.com.es/

Aproveitamos para desexarvos unhas boas vacacions. Pasádeo moi, moi, moi ben e repoñede forzas para tomar con moitas ganas o noso último trimestre en Infantil!!!! Vémonos o día 2 de abril!

1 comentario: