sábado, 13 de abril de 2013

CANTAS SORPRESAS!!!

Neste colexio non paran as sorpresas. Onte antes do recreo tivemos a oportunidade de coñecer a un mestre do "silbo gomero" que veu ao cole con dous dos seus alumnos a facernos unha exhibición desa arte. O silbo gomero é unha linguaxe silbada practicada po algúns habitantes da Gomera para comunicarse a grandes distancias. Quedamos abraiad@s cando comprobamos que realmente se entendían entre eles só asubiando. Grazas a Alicia, unha profe que estivo fai algún tempo no cole, por facer posible esta actividade.
 
























E despois do recreo outra sorpresa máis xa que puidemos ver en directo unha aguia de Harris. E incluso algún afortunado puido tocarlle.




















E por último contarvos que por fin chegou a primavera ao Couceiro. Mirade que fermoso temos o xardín!!!... Temos xacintos, tulipáns, pensamentos, berzas para facer o caldo... e ata temos dúas moreiras para alimentar aos vermes da seda, aínda que de momento casi non teñen follas. Grazas a Diego que foi quen as plantou, non sei que faríamos sin él... Por certo se alguén coñece a planta que está a esquerda que no lo diga xa que non temos nin idea de como se chama. Grazas.
 
 






1 comentario:

  1. QUE VISITAS MAIS CURIOSAS E INTERESANTES TIVESTEDES ESTA SEMANA. HABER SI AS FLORIÑAS CONSEGUEN ATRAER O SOL DA PRIMAVEIRA

    ResponderEliminar