E case coma se nada, esta andaina chegou á súa fin... pero, non podiamos irnos sen celebralo cunha gran festa, a festa da nosa graduación!!! E así foi, con
moito ritmo, recollemos os diplomas de mans dos nosos compis de sexto, os cales nos "cederon" o seu sitio en Primaria, porque.... xa somos maiores!!! Mirade que guapos estabamos...
Premede aquí para ver o acto de graduación
Pois si, parece mentira pero xa pasasen tres anos dende que os nosos peixiños e golfiños desen os seus primeiros pasos no cole. Tres anos nos que aprendemos un montón de cousas pero nos que sobre todo, fixemos grandes amigos e divertímonos moitísimo....
Dende aquí queremos agradecer a todas as familias o apoio recibido estes tres cursos, o cariño e a calor que nos destes fixo que o noso traballo fose un verdadeiro pracer. Moitas, moitísimas grazas por todo!
E por suposto, queremos dar as grazas aos peixiños e aos golfiños, por facernos vivir tantas cousas, por facernos rir, por deixarnos aprender de vós e, sobre todo, por querernos e por todos eses bicos e abrazos que nos destes durante estes tres anos. Por iso, e a pesar de que estamos un pouquiño tristes por ter que deixarvos, mandámosvos un bico enorme e desexámosvos moita sorte nesta nova aventura que comezades. Non vos esquezades de nós, porque estas dúas profes sempre vos levarán no recordo.
E agora si... FELIZ VERÁN!!!!