sábado, 1 de junio de 2013

O ALBUM DAS FLORES

Durante o mes de Maio todos os nenos e nenas do cole estivemos como tolos buscando flores polo centro. Eran os carteis do Álbum biligüe que este curso puxeron, de novo en marcha, as profes de inglés: Marga e Ana, coa axuda da auxiliar de conversa, Stephanie. O venres despedimos a Stephanie que marcha de volta á súa terriña, e que mellor manera de facelo que sendo ela a encargada de entregar os agasallos aos gañadores da actividade. 
Os nenos e nenas de Infantil fixemos, como cada ano, un álbum xigante que completamos entre todos e polo cal tamén recibimos o noso premio que foi recollido polo encargado de cada clase.

 
Aproveitamos para despedirnos de Stephanie e darlle unha forta aperta de parte de todos os peixiños e golfiños... See you soon, teacher!!!

1 comentario:

  1. BO REGRESO PARA A PROFE STEPHANIE, ESPEREMOS QUE LEVE UN BO RECORDO DO NOSO COLE. UN SAUDIÑO

    ResponderEliminar