O martes e o mércores o escenario do cole encheuse de cores para festexar o Nadal cos nosos compañeir@s e familias. Que ben pintamos entre todos o Nadal!!!! Está claro que nacimos para artistas! E despois dun duro traballo de interpretación e baile, que mellor maneira de acabar a festa que cunha gran comilona! mmmmm...
Moitas grazas a todas as familias pola vosa colaboración neste festival e en todas as actividades do trimestre. Esperamos que vos gustara tanto a actuación, como a nós preparala cos vosos fillos e fillas.
Pasade un Bo Nadal e vémonos no 2012!
Un saúdo das profes
jueves, 22 de diciembre de 2011
VISITA DOS PAXES REAIS
O martes, despois de actuar para todos os nosos compañeir@s do cole, tivemos unha visita moi especial: OS PAXES REAIS VIÑERON A BUSCAR AS NOSAS CARTAS!!!!! Estabamos igual de ilusionados que de "cortadiños". As nosas caras falan solas...
lunes, 19 de diciembre de 2011
O BELÉN DE FERROL
O venres fomos de excursión a ver o Belén de Ferrol e, aínda que o tempo non nos acompañou moito... Qué chulo estivo! Todas as personaxes se movían, os pastorciños, as lavandeiras, os reis, ... e ata as vacas e as ovellas!!!!Pasámolo pipa! Que ganiñas temos de que chegue o Nadal e os Reis!
sábado, 17 de diciembre de 2011
ANIVERSARIOS DECEMBRO
Este mes celebramos os aniversarios de Nerea, Juan Luis, Daniel,. Carolina e Uriel... FELICIDADES POR ESES 4 ANOS, PEQUECHOS!
miércoles, 7 de diciembre de 2011
CHEGOU O NADAL!!!
Xa chegou o Nadal ao corredor de infantil e todo grazas a colaboración de todas as familias. Como podedes comprobar quedou precioso. Sodes uns verdadeiros artistas!. MOITÍSIMAS GRAZAS A TODOS/AS!!!
lunes, 5 de diciembre de 2011
FROITOS E FROITAS DE OUTONO
Os peixiños e os golfiños fixemos unha exposición de froitos e froitas de outono, e o venres, por fin, puidemos probalos... QUE RICOS ESTABAN!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)