O venres fomos de excursión a ver o Belén de Ferrol e, aínda que o tempo non nos acompañou moito... Qué chulo estivo! Todas as personaxes se movían, os pastorciños, as lavandeiras, os reis, ... e ata as vacas e as ovellas!!!!Pasámolo pipa! Que ganiñas temos de que chegue o Nadal e os Reis!
POIS SI QUE E BONITO O BELEN, A ALGUN O QUE MAIS LLE GUSTOU FOI CANDO SE FIXO DE NOITE, PORQUE A XENTE ENCENDIA AS LUCES DAS CASAS. UN SAUDO
ResponderEliminara verdade e que viñeron encantados,entre ir no bus e o precioso belen que se movia...izan estibo falando del todo o dia.gracias por a vosa labor e dedicacion, non e facil, sobretodo con algun...
ResponderEliminarfeliz natal a todos e que pasedes unhas boas festas.
Moitas gracias por facer que os nosos nenos disfruten tanto, un feliz nadal para todos.
ResponderEliminarA verdade é que estes días de saídas son un pouco complicados para as profes, imos máis nerviosas e pendentes de que non pase nada... sempre contamos a todos mil veces!! Pero pásano tan ben nas excursións, disfrutan tanto simplemente con subir ao bus todos xuntos, que xa por iso merece a pena ir. O peor foi o tempo, que non nos permitiu nin xogar un pouquiño no cuberto que había alí...
ResponderEliminarMoitas grazas a todas polos comentarios e polo voso apoio. É un pracer traballar así!