jueves, 15 de noviembre de 2012
VAIA BIBLIOTECA !!!!!!
Despois dunha temporada sin poder ir a biblioteca ,hoxe por fin revelouse o misterio... Quedamos tod@s pasmadiños cando chegamos alí e vimos as paredes cheíñas de fermosos debuxos. Agora si que temos un verdadeiro "XARDÍN DO PASATEMPO". Parabéns a Ito que foi o artista que fixo este fantástico traballo. Pero a sorpresa non quedou ahí xa que para que a reinauguración fose completa o profe Julio contounos un conto chulísimo, grazas tamén a el. Dende aquí invitamos ás familias a que cando teñan un ratiño se acheguen a bibilioteca para comprobar por eles mismos o bonita que está.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
QUE CHULAAAAA, XA ERA BONITA PERO AGORA ESTA INSUPERABLE, ENCANTANOSSS.
ResponderEliminar