Se queredes ver de novo a nosa gran actuación, premede en CELECOFRE e poderedes disfrutar non só do noso "meneo" senón tamén doutras actuacións de Nadal dos nosos compañeiros e compañeiras.
Pero o día non rematou aquí. Despois de darlle ao esquelete, tivemos unha gran merendola.... Como nos puxemos!!!!
Por último, e como guinda do pastel, adiviñades quen nos visitou??? Nada máis e nada menos que os paxes reais, que levaron as nosas cartas para entregárllelas directamente aos Reis Magos!!! Que bo comezo de vacacións!!!!
E por se non queredes aburrirvos e pasar unhas vacacións cheas de libros e experiencias, aí vos deixamos estas recomendacións de Güino dende a biblioteca, e outras actividades para disfrutar cos pequerrechos.
Recomendacións nadal12 from ana alvarez
** Cidade da cultura (Santiago)
** Navidad mágica" (Narón)
** Eventos do Concello de Ferrol
Aproveitamos o blog para desexarvos a todos un BO NADAL!!! Disfrutade moito das vacacións cos peixiños e golfiños, e entrade con bo pé no novo ano. Vémonos no 2013!!!!** Cidade da cultura (Santiago)
** Navidad mágica" (Narón)
** Eventos do Concello de Ferrol
Unha aperta moi grande das profes.
GRACIAS POLO TRABALLIÑO QUE FIXECHEDES COS NOSOS PEQUECHOS PARA QUE OS PAIS DISFRUTARAMOS TANTO DESTE FESTIVAL DE NADAL, ESTES ROQUEIROS ESTIVERON SIMPATIQUISIMOS.E TAMEN O NOSO AGRADECEMENTO POR COMPARTIR ESTE BLOG E FACERNOS PARTICIPES DOS MOMENTOS TAN ESPECIAIS DOS NOSOS NENOS NO COLE. BOAS FESTAS E DISFRUTADE DESTAS DATAS UN BIQUIÑO
ResponderEliminar