Hoxe tivemos no cole unha nova sorpresa... Un apicultor de verdade!!! Pablo, o apicultor, trouxonos polen, mel e ata dúas abellas para mirar cunha lupa... Cantas cousiñas aprendimos!!! Que as abellas recollen o mel das flores, que só pode existir unha raíña, que se lles bota fume para que non piquen ao quitar o mel...
E seguiremos aprendendo, porque xa temos en marcha outro novo proxecto: AS ABELLAS, por iso se tedes na casa algún libro ou algunha outra cousiña relacionada co tema, non dubidedes en traela.
Moitas grazas a Pablo pola súa visita, e a mamá da xirafiña Ana por invitalo a vir ao cole!
QUE BEN!!!!!POIS MIRAREMOS POR CASA A VER QUE PODEMOS APORTAR
ResponderEliminar