Para celebrar as Letras galegas, tivemos un día do máis movido. Primeiro, empezamos cun festival, onde se recordou a Roberto Vidal Bolaño, o autor homenaxeado este ano, cunha presentación feita polos nosos compañeiros e compañeiras de 6º de Primaria. Neste festival, os nenos de Infantil tamén
tivemos un espazo, porque subimos ao escenario a recitar a nosa poesía,
titulada "Poesía", pola que recibimos un premio moi chulo no "V Certame de
Poesía Couceiro Freijomil".
Despois do festival e de encher as nosas barriguiñas,
fomos ao patio dos maiores a botar un baile. "Os Fenómenos" foron os
encargados de poñer a música con gaitas, pandeiretas... e nós de poñer a
marcha! Que ben o pasamos!!!!
MENUDA FESTA!!!!!!QUE BEN O PASARON
ResponderEliminar