viernes, 20 de mayo de 2011

PRANTAMOS FABAS!

Por un día convertémonos en pequenos xardiñeiros. Botamos un pouquiño de terra nun vaso, dúas fabas, unhas pingas de auga... E A VER QUE PASA NOS VINDEIROS DÍAS! Seguiremos informando.

LETRAS GALEGAS 2011

O mércores festexamos no cole o Día das Letras Galegas, que este ano ten como protagonista a Lois Pereiro. No festival aprendimos parte da súa vida e da súa obra, pero o que máis nos gustou, sen dúbida, foi cantar todos xuntos o "Ven bailar Carmiña" e o "Pirimpimpín", con gaita e todo!


jueves, 19 de mayo de 2011

O MAR DE DANIEL

E chegou o mar ás aulas de infantil, grazas a Daniel e ao seu irmán Marcos, que nos trouxeron: un ourizo de mar, unhas algas mariñas, as cunchas dunha zamburiña, dunha ameixa e dun berberecho... e ata os ovos dunha xibia!

sábado, 14 de mayo de 2011

DE CONCERTO!!!!

Este xoves os peixiños e os golfiños gozamos dun gran concerto no cole. Un grupo eumés, encabezado pola bruxa Maruxa, ofreceunos varias cancións e encheu todo de ritmo! Pasámolo pipa!

miércoles, 11 de mayo de 2011

PEPITO E PEPITA GRILO

Hoxe tivemos unha nova visita: URIEL TROUXO UNHA PARELLA DE GRILOS, PEPITO E PEPITA!!!!!! Estiveron con nós toda a mañá e descubrimos que cantan de marabilla... Cri, Cri, Cri! Grazas Uriel!

martes, 3 de mayo de 2011

OS MAIOS

E imos de festa en festa, xa que este mismo día celebramos a festa dos Maios. O noso "Pequerrechemaio" quedounos moi bonito e cheíño de flores. Foi un día moi completo!

BUSY BEE

O venres tivemos un contacontos en inglés, que tiña de protagonista unha abelliña moi ocupada. Foi moi divertido, pero algúns tamén pasamos moito medo...