E de novo setembro... Fai nada que estabamos empezando e agora xa estamos en 5!!! Somos os maiores de todo o corredor!!!
Que ganiñas tiñamos os peixiños e os golfiños de ver aos nosos compañeiros e compañeiras e sobre todo... de xogar cos nosos novos xoguetes!!!! Pero como máis vale unha imaxe que mil palabras...
Aproveitamos para darlle a benvida ao noso grupo mariño, a un novo peixiño, Pablo... Xa verás que ben o pasamos todos xuntos! Unha aperta moi forte de todos os peixiños e golfiños.
miércoles, 12 de septiembre de 2012
viernes, 27 de julio de 2012
MATERIAL
Ante a inminente suba do IVE no mes de setembro (dun 4% a un 21% nalgúns casos), aproveitamos o blog para pasarvos a lista de material escolar por se algún de vós quere adiantarse ao inicio do curso.
***** Dado que algúns dos papás e as mamás non poden acceder a Internet ou se encontran de vacacións, pedímosvos que lle deades a máxima disfusión á lista para favorecer o aforro de todos. Se tedes algunha dúbida, escribídenos ao blog que intentaremos solucionala.
Un saúdo a todos e seguide gozando das vacacións.
MATERIAL EDUCACIÓN INFANTIL 5 ANOS
Nº
|
MATERIAL
|
1
|
GOMA DE BORRAR staedtler
|
1
|
BARRA DE PEGAMENTO PRITT
|
1
|
PAQUETE DE 500 FOLIOS BRANCOS NAVIGATOR OFFICE PAPER
|
1
|
PAQUETE DE 100 FOLIOS DE CORES (tamaño DIN A4, 80grs)
|
1
|
BLOC DE CARTULINAS DE CORES VARIADOS (só cartulinas)
|
1
|
CAIXA DE 12 ROTULADORES FINOS EDDING
|
1
|
PAQUETE DE TOALLIÑAS HÚMIDAS
|
2
|
CAIXAS DE PANOS DE PAPEL (non paquetes individuais)
|
1
|
PAQUETE DE GARFOS DE PLÁSTICO
|
1
|
METRO DE VELCRO ADHESIVO BLANCO (os dous lados)
|
1
|
DVD-R
|
1
|
BOTELLÍN DE AUGA (levarano a casa todos os días)
|
1
|
MANDILÓN (con cinta de aprox. 5cm para poder colgalo na percha)
|
1
|
VISEIRA
|
1
|
BOLSA DE TEA PARA A MERENDA ( con cinta de aprox. 5cm)
|
LIBROS EDUCACIÓN INFANTIL (5 ANOS)
Área
|
Titulo
|
Editorial
|
Proxecto
|
ISBN
| |
Relixión Católica
|
Religión Católica 5 años
|
Everest
|
Abba Canto
|
978-84-441-7069-5
| |
O material virá sen marcar, excepto libros, auga, mandilón, bolsa da merenda e viseira.
Lembrade traer a carpeta de gomas e o sobre de clic.
Un saúdo a todos e seguide gozando das vacacións.
sábado, 23 de junio de 2012
BO VERÁN!!!!
E pasiño a pasiño, chegaron as vacacións! Como traballamos este curso, pero sobre todo...que ben o pasamos!!!! Dende setembro ata xuño, fomos vendimar, comemos castañas, enchimos de cores o Nadal, pitufamos a todo Pontedeume, convertémonos en pintores e escultores, descubrimos o valor das nosas Fragas... e xogamos e rimos un montón!!!!
Disfrutade moito destes meses de lecer, peixiños e golfiños, collede forzas e vémonos en setembro.
Un bico moi, moi, moi grande da profe Ana e da profe Nuria.
Aproveitamos a ocasión para agradecervos a vós familias, toda a vosa colaboración durante este curso. É un pracer traballar cos vosos fillos e fillas e este pracer medra sabendo que temos todo o voso apoio e cariño. Pasade un bo verán e vémonos á volta. Un aperta moi forte das profes.
Disfrutade moito destes meses de lecer, peixiños e golfiños, collede forzas e vémonos en setembro.
Un bico moi, moi, moi grande da profe Ana e da profe Nuria.
Aproveitamos a ocasión para agradecervos a vós familias, toda a vosa colaboración durante este curso. É un pracer traballar cos vosos fillos e fillas e este pracer medra sabendo que temos todo o voso apoio e cariño. Pasade un bo verán e vémonos á volta. Un aperta moi forte das profes.
jueves, 21 de junio de 2012
A TÓMBOLA!
E seguimos de troula no cole... Para rematar xa o curso, o profe Roberto e a profe Geni preparáronnos un super-circuito!!!! Saltamos aros, fixemos equilibrios en cordas, pasamos baixo pontes... Pero o mellor de todo foi a tómbola!!!! Ao rematar o circuito tres veces, poidemos sacar unha rifa onde tiñamos un premio sorpresa!!!! Que boa forma de empezar o verán e as vacacións!!!!
martes, 19 de junio de 2012
NO PARQUE
Aproveitando o bo día, onte fomos merendar ao parque... Que ben o pasamos!!!! Aí si que temos un bo sitio para correr, xogar e sobre todo, enchernos de area!
sábado, 16 de junio de 2012
ANIVERSARIOS XUÑO E XULLO
O venres celebramos os últimos aniversarios do curso: Iván, Matías, Alba, Joel e Carla. MOITAS FELICIDADES a tod@s!!!!
jueves, 14 de junio de 2012
MARCELLE
E por fin... Chegou o gran día!!! Cos nervos a flor de pel e cun día que non prometía moito, alá marchamos, rumbo a Marcelle. Xa máis tranquilos e co tempo do noso lado, poidemos recorrer todo o parque. Pasámolo xenial: vimos animais (osos, lobos, cebras, avestruces, linces,...), xogamos no parque e ata tivemos teatro... Vaia excusión máis chula!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)