lunes, 30 de abril de 2012

OS MAIOS

Hoxe festexamos no cole os maios, a gran festa da primavera. E aínda que o tempo non nos acompañou moito, lucimos orgullosos o noso "Maio dos Couceiriños" por todo o cole! A que quedou chulo? Nós fomos os encargados de facer as grilandas de laranxas, que lle deron un toque moi colorido. Pásamolo xenial neste día de festa!



Grazas ás familias pola vosa colaboración!

sábado, 28 de abril de 2012

ANIVERSARIOS DE ABRIL


Este venres celebramos os aniversarios do mes de abril . MOITAS FELICIDADES REBECA!!!


lunes, 23 de abril de 2012

TEATRO EN INGLÉS

Hoxe e coincidindo co Día do Libro, os nosos compañeiros e compañeiras de 3º ofrecéronnos unha representación teatral en inglés titulada: "The shoemaker and the elves" (O zapateiro e os trasnos). Gustounos moitísimo!!!!! Parabéns aos actores e actrices e, por suposto, as profes directoras da función.

 

sábado, 31 de marzo de 2012

DÍA DO TEATRO

O 27 de marzo conmemórase o Día Mundial do Teatro e aproveitando o final do trimestre, os nosos compañeiros e compañeiras de 2ºA, 2ºB e 5ºA, quixeron ofrecernos unhas actuacións fantásticas, cheas de animaliños e de cabaleiros, fadas, bruxas e magos.


Aproveitamos a ocasión para desexarvos unhas boas vacacións de Semana Santa cos vosos fillos e fillas. Vémonos á volta, o día 10 de abril.
Un saúdo

miércoles, 28 de marzo de 2012

ANIVERSARIOS MARZO

Este mes celebramos os aniversarios de Gabriela, Andrea e Mariña. MOITAS FELICIDADES POR ESES 5 ANOS!!!!

miércoles, 21 de marzo de 2012

DÍA DA POESÍA

Chegou a Primavera, e con ela a poesía. Hoxe festexamos no cole o Día mundial da Poesía, e para tal evento todos os nenos e nenas de Educación Infantil recitamos unha poesía titulada "Polas rúas", na que un velliño recorre medio mundo montado nun bus, nun tranvía, nun avión, nun patín, e ata nunha silla ou nun carrasco. PERO QUE BEN RECITAMOS!

viernes, 16 de marzo de 2012

MUSEO DE BELAS ARTES

Esta semana fomos de excursión ao Museo de Belas Artes da Coruña. Alí ensináronnos, entre outras cousas, a diferencia que hai entre a pintura e a escutura. Vimos moitas obras de arte e por  un momento tranformámonos en verdadeiros pintores... VAIA OBRAS DE ARTE FIXEMOS!!!