jueves, 18 de abril de 2013

O NIÑO DE IVÁN

Hoxe, o golfiño Iván trouxo a clase un pequeno niño de paxaro con tres ovos que atoparon os seus papás. Como traballan os paxariños!!! Que ben feito estaba!!!! Entre todos decidimos que era mellor volvelo ao seu sitio, porque a súa mamá seguro que estaba moi preocupada polos seus filliños. A ver se hai sorte e nos próximos días, Iván pode escoitar o canto dos tres novos paxariños...
Moitas grazas a Iván e aos seus papás por compartilo connosco!!!



2 comentarios:

  1. ENTRE TANTAS MASCOTAS XA SE PODE MONTAR UN ZOOLOXICO JAJAJ. QUE VEN FEITIÑO ESTA

    ResponderEliminar
  2. Si, jejejejeje... a verdade é que nesta semana pasaron moitos animaliños polas clases e os nenos e nenas están encantados. Nótase que chegou, por fin, o sol, e xa comezan a saír das súas casas e a criar. Esperemos que este bo tempo dure, porque os peixiños e os golfiños tiñan unhas ganiñas de patio con sol... Que duros foros os días con tanta chuvia!
    Un saúdo, Lorena!

    ResponderEliminar