jueves, 18 de abril de 2013

O QUEBRANOCES

Hoxe a profe Lara tiña unha gran sorpresa para nós: OS MONICREQUES DO QUEBRANOCES!!!! Nas últimas semanas estivemos traballando na clase de música "El Cascanueces" de Tchaikovsky, e hoxe poidemos escoitar todas as melodías e coñecer, persoalmente, o Quebranoces, a Fada do zucre, a nena Lara,... e percorrer con eles China, Rusia, Exipto... Que ben o pasamos!!!! E como nos rimos!!!


Aproveitamos o blog para darlle as grazas a mamá de Iago das bolboretas, que foi a verdadeira artífice desta actividade, e ás súas compañeiras do Conversatorio de Ferrol. Tamén á profe Lara, por enchernos de música cada xoves e promover estas actividades cos peques do cole.

2 comentarios:

  1. QUE DIVERTIDO, GUSTOULLES MOITOS, GRACIAS LARA

    ResponderEliminar
  2. Si que foi unha actividade moi divertida e bonita. Pasárono pipa!!!! Estamos encantados de ter dentro do Equipo de Infantil, á profe Lara, porque aos nosos peixiños e golfiños encántalles a música e o baile. E tamén de contar con mamás e papás que participan activamente na vida do cole. A verdade é que con familias coma vós dá gusto traballar. Moitas grazas!

    ResponderEliminar