Se queredes ver de novo a nosa gran actuación, premede en CELECOFRE e poderedes disfrutar non só do noso "meneo" senón tamén doutras actuacións de Nadal dos nosos compañeiros e compañeiras.
Pero o día non rematou aquí. Despois de darlle ao esquelete, tivemos unha gran merendola.... Como nos puxemos!!!!
Por último, e como guinda do pastel, adiviñades quen nos visitou??? Nada máis e nada menos que os paxes reais, que levaron as nosas cartas para entregárllelas directamente aos Reis Magos!!! Que bo comezo de vacacións!!!!
E por se non queredes aburrirvos e pasar unhas vacacións cheas de libros e experiencias, aí vos deixamos estas recomendacións de Güino dende a biblioteca, e outras actividades para disfrutar cos pequerrechos.
Recomendacións nadal12 from ana alvarez
** Cidade da cultura (Santiago)
** Navidad mágica" (Narón)
** Eventos do Concello de Ferrol
Aproveitamos o blog para desexarvos a todos un BO NADAL!!! Disfrutade moito das vacacións cos peixiños e golfiños, e entrade con bo pé no novo ano. Vémonos no 2013!!!!** Cidade da cultura (Santiago)
** Navidad mágica" (Narón)
** Eventos do Concello de Ferrol
Unha aperta moi grande das profes.