Hoxe celebramos no cole o Día das Letras Galegas, por todo o alto! O día comezou cun pequeno festival onde, ademais de presentar a obra e a vida de Valentín Paz Andrade, coñecéronse os gañadores do IV Certame de Poesía Couceiro Freijomil, no cal tamén participamos coa poesía "Pontedeume", dedicada á nosa vila.
Despois chegou o mago Fiz, que cambiou panos de cor, sacou bolas da boca, fixo aparecer e desaparecer cartas e... deixounos a todos coa boa aberta!!!!! Íncluso á nosa compañeira Carolina, que xa non saía si o que vía era un pano azul ou amarelo...
O día rematou con música e baile a cargo de Os Fenómenos, grupo eumés que permitiunos disfrutar do folklore da nosa terra neste día tan especial e no que tocan pais e nais dos nosos compañeiros "Gaivotas", Óscar, Sabela e Aroa. Vaia troula tivemos!!!!! Pasámolo pipa!!!!
Pero mira que teñen sorte estes pequechos...festa vai,festa ben dentro de nada as vacacións de verán (que ben merecidas as teñen as profes!!) que pasou o curso voando. Un bikazo!!
ResponderEliminarPero mira que teñen sorte estes pequechos...festa vai,festa ben dentro de nada as vacacións de verán (que ben merecidas as teñen as profes!!) que pasou o curso voando. Un bikazo!!
ResponderEliminar