Onte tivemos unha visita moi especial. Antón, o axente forestal das Fragas, veu a visitarnos e a contarnos cousiñas das nosas Fragas... Que tesouro tan importante temos tan pretiño de nós! O que máis nos chamou a atención foron os animaliños que se puxeron enfermos tras o incendio... que mágoa! Seguiremos investigando sobre as Fragas e o incendio a ver que podemos facer os peixiños e os golfiños para que isto non volva a pasar. Estamos concienciadísimos!
No hay comentarios:
Publicar un comentario