Moitas grazas familias, pola vosa implicación e colaboración. Sodes uns verdadeiros artistas!!! Non dubidedes en pasar a vela, merece a pena!
jueves, 6 de diciembre de 2012
UNHA ARBORE DE ESTRELAS
Por fin chegou o Nadal ao noso cole!!!! E nestas datas non pode faltar unha bonita árbore, pero non unha calquera, unha cheiña de estrelas de mil cores e formas!!! Que chula quedou!!!!
Moitas grazas familias, pola vosa implicación e colaboración. Sodes uns verdadeiros artistas!!! Non dubidedes en pasar a vela, merece a pena!
Moitas grazas familias, pola vosa implicación e colaboración. Sodes uns verdadeiros artistas!!! Non dubidedes en pasar a vela, merece a pena!
jueves, 29 de noviembre de 2012
AS ESTRELAS DE NADAL
Onte, os nosos peixiños e golfiños, levaron a casa unha notiña para a decoración de Nadal. Queriamosvos especificar que as estrelas poden ser da forma e tamaño que queirades (máximo DinA4) e en cartolina . Decorádeas só por unha cara, pois son para colgar na parede. E lembrade que a data límite será o martes, 4 de decembro. Seguro que deixaremos o cole chulísimo!!!!!
Moitas grazas pola vosa colaboración!!
martes, 20 de noviembre de 2012
BLOG DE INGLÉS
A partir de agora, podedes consultar o blog da profe Marga, onde tamén atoparedes información e traballos dos peixiños e golfiños na clase de inglés. O enderezo Web está na nosa lista de blogs e Webs amigas. Grazas, profe Marga!!!!
Fai click na bandeira para ir ao blog de inglés.
CONCERTO DE VENTO
Para lembrar o Día da Música, hoxe disfrutamos dun concerto de instrumentos de vento. Trompetas, tuba, trombón e saxofón encheron o cole de melodías moi coñecidas por nós: A Panteira Rosa, Os Picapedra, ... Como nos gusta a música aos peixiños e golfiños!!!!
jueves, 15 de noviembre de 2012
VAIA BIBLIOTECA !!!!!!
Despois dunha temporada sin poder ir a biblioteca ,hoxe por fin revelouse o misterio... Quedamos tod@s pasmadiños cando chegamos alí e vimos as paredes cheíñas de fermosos debuxos. Agora si que temos un verdadeiro "XARDÍN DO PASATEMPO". Parabéns a Ito que foi o artista que fixo este fantástico traballo. Pero a sorpresa non quedou ahí xa que para que a reinauguración fose completa o profe Julio contounos un conto chulísimo, grazas tamén a el. Dende aquí invitamos ás familias a que cando teñan un ratiño se acheguen a bibilioteca para comprobar por eles mismos o bonita que está.
viernes, 9 de noviembre de 2012
DÍA DO PEÓN
E seguimos de troula! Esta vez tocoulle ao peón, un día xa mítico no cole no que todos nos xuntamos para "bailalo" como boamente podemos... Aínda que, o verdadeiramente importante, é compartir un bo rato con amigos e familiares, non si????
Moitas grazas a todas as familias que viñeron a compartir este día con nós!!!
Moitas grazas a todas as familias que viñeron a compartir este día con nós!!!
viernes, 2 de noviembre de 2012
MAGOSTO
E por fin, chegou a festa das castañas!!!! Dende a nosa excursión ás Fragas, levamos esperando a chegada do Magosto con moita impaciencia!!
Comezamos a festa bailando a muiñeira do Magosto que nos ensinou a profe Lara na clase de música e despois... XA CHEGOU A COMILONA!!!! Mmmmmmm!!!! Que ricas estaban as castañas e os batidos de chocolate pero, sen dúbida, o que máis nos gustou foi xogar no patio dos maiores... Pásamolo pipa!!!!
Aproveitamos a ocasión para darlle as grazas a Leite Celta por prestar, outro ano máis, a súa colaboración nesta festa. E por suposto, ás familias por esas castañas!

Suscribirse a:
Entradas (Atom)